Evgeni Onegin. Ensaio xeral

Diante de min camiña Minia. Vai vestida de labrega rusa, igual ca min. Seguimos unha serpe azul que fosforece no chan para guiar os nosos pasos cara o escenario. Non falamos. Sentimos chist constantemente. Chist do rexedor. Chist do director. Chist dalgún compañeiro que ordena calar. En todo grupo social pretendidamente igualitario sempre hai algúnSeguir lendo “Evgeni Onegin. Ensaio xeral”

satoris da ducha III

Quero roubarlle a Eloy Tizón un verbo. O verbo crujir. En galego, un chisco menos onomatopeico, renxer. Armado con ese excepcional verbo da terminación lexemática en -ger [excepto tejer y crujir] este señor de Madrid troca un texto normal [define normal], dos que se len en voz baixa e concentración de conos e bastóns, nunSeguir lendo “satoris da ducha III”

satoris da ducha II

Odiosos son moitos. Imaxinen, de 6.600 millóns alomenos 5.000 deben de ser repulsivos crónicos. Existen algúns odiosos queribles e outros odiosos patéticos. Queribles son aqueles que resultan pesados, inconvenientes non por vontade propia, senón por egocentrismo, ignorancia ou mesmo grosería. Os odiosos patéticos son os aproveitados de calquera caste. Os abusóns. Un subtipo, por exemplo,Seguir lendo “satoris da ducha II”

como cando mordes un debuxo e está cru

Na miña enladrillada e lenemente asmática cidade de provincias, cada ano Batman fai horas extra como sentinela no alto do edificio do Banco Pastor e Spiderman agatuña pola columna estriada do obelisco, supoñemos que ambos coa nobre finalidade de velar polo mundo: as finanzas un e o tempo o outro. Pouco máis fai falla paraSeguir lendo “como cando mordes un debuxo e está cru”

ese escuro obxecto do desexo

Tranquilamente sentada sobre min mesma, inflando e desinflando unha querida caixa torácica e pestanexando cada pouco por necesidades do guión, leo. Leo sentada onda un patio. Leo e leo nun Babelia atrasado que o Meiac de Badaxoz ofrece unha mostra de arte, ciencia e tecnoloxía. Maldición. I eu aquí. Veraneando. Vacacións en cru. Casa feitaSeguir lendo “ese escuro obxecto do desexo”

anuncios x palabras =

Non querería -pero estou a piques de facelo- redundar no tópico pop de que certa publicidade pode rozar máis lírica que un libro de versos impreso, cosido, encolado, distribuído como tal. E vendido e deglutido como tal. Levo varios anos impartindo aulas en publicidade e aventuro que, dentro dese inframundo deostado por servir, vehicular eSeguir lendo “anuncios x palabras =”

satoris da ducha

imaxe: patchwork de Emilia, col. persoal O patchwork. En verdade dígovos que a miña nai leva anos facendo patchwork. Paquo, como di ela, con acento de baleeira de Moby Dick. Cose teas que non tiñan nada que ver, teas de argumentos diferentes, de vidas diferentes, de galaxias dispares, agarra un mutilado vestido da miña etapaSeguir lendo “satoris da ducha”

fira mágica 2008

En Barcelona, en Santa Susanna, fanse cousas como unha Feira da Maxia. Nunha Feira da Maxia, ou Fira Mágica en santasusannés, ademais de mouchos, coruxas, sapos e bruxas, demos, trasnos e diaños ha de haber tarots dos que poidan termar as vellas bruxas entre os calos das mans para amargarlles a vida aos interventores deSeguir lendo “fira mágica 2008”

libro de horas

imaxe: Luz que se procesa no momento non debido. Polaroid. Col. persoal No colexio, as pálidas e reconcentradas eramos as máis firmes candidatas a ser mártires. Na guardería, no derradeiro ano: fico fascinada cunha nena nova que sentara no meu sitio. Cando unha ten catro anos, cada sitio é un sitial. Esa usurpación tan naturalSeguir lendo “libro de horas”