töklandeses

a imaxe é de Ruslanas Baranaukas aka Efendi Avive el seso y despierte… Merco libros para as fillas da miña curmá. Remexer entre portadas de fadas, meigallos, preadolescentes que comezan a intercambiar fluídos, usar compresas e maquillarse. Deterse un pouco nalgúns. Hai tanto tempo, cada vez máis, que non se teñen 13 anos. 9 anos.Seguir lendo “töklandeses”

tragar saliva

imaxe: Rimbaud, by ElyseBlackRose Despois de moitos anos escribiulle. Envioulle cartas, anotacións, fotos, todas esas vísceras dobradas que gardamos baixo o horizonte de probabilidades de volver desvelar. Quería soprar e soprar e ver se a vela se axitaba, ver se a vela ardía. E a vela axitouse. E a vela ardeu. Tragou saliva. Era oSeguir lendo “tragar saliva”

a tensión superficial da auga é a causa de propagación da onda

Imaxe: self-portrait with Detmold’s Arabian Nights and Dante A novela. Hoxe quixen escribir sobre ela. Nada fixen de particular esta mañá. Fun a un parque co meu fillo. Devolvín tarde un par de libros na biblioteca. A bibliotecaria é comprensiva. Non xulga o mundo. Conforma con colocalo no andel correspondente, co seu imperceptible tic organizador.Seguir lendo “a tensión superficial da auga é a causa de propagación da onda”

un derradeiro paseo pola neve

Pablo Gallo volve co seu punch. Este delicioso, derradeiro, navideño e decúbito supino paseo pola neve en stop-motion. Lembrei de Robert Walser. Morreu así. Despois dun paseo pola neve. Alguén cunha cámara inmortalizouno morto. Era Suíza. Pablo corroborou as miñas sospeitas: trátase de Robert Walser. Dixo. Tamén lembrei dun anónimo en Stalingrado, da maléfica raíñaSeguir lendo “un derradeiro paseo pola neve”

na cociña do blog

Vostedes non a ven. Pero os blogs teñen cociña. Unha parte de atrás, un backyard, no que se mesturan os ingredientes que chegan á súa mesa e nós [o maldito plural maestático: eu] fisgo informacións do exterior. O lercheo nútrese aquí, padaléase, como en todas as cociñas. Por exemplo, boto unha ollada na cociña deste blogSeguir lendo “na cociña do blog”

nun día calqueramente estúpido coma hoxe a deriva mental levoume a…

Imaxe: Low tide, de Robert and Shana Parkeharrison Despois de 8 viaxes en avión, unha escordadura e unha mitose en menos dun mes. Resulta. Que. Sigo. Viva. A quen lle importa a miña vida? A ninguén. A quen lle importa non pode lerme. A quen me pode ler non lle importa. A min. A min podeSeguir lendo “nun día calqueramente estúpido coma hoxe a deriva mental levoume a…”

Eu Steven Alí

Hai un tempo dedicara no meu fotolog unha entrada a Emma, Emma es Encantadora, un agasallo de nadal que me fixera un tipo encantador co que vivo [nun cesto de serpes]. Trini Tinturé ou Purita Campos eran aquelas debuxantas [podo dicir iso, señoríos?] que poboaron a nosa preadolescencia de preciosas preadolescentes, de pretextos, de precocidade.Seguir lendo “Eu Steven Alí”