antes de xulgar a outros ou afirmar calquera verdade absoluta, considera que…

…podes ver menos do 1% do espectro electromagnético e oír menos do 1% do espectro acústico. Mentres les isto, viaxas a 220 quilómetros por segundo a través da galaxia. O 90% de células do teu corpo conteñen o seu propio ADN microbiano e non son «ti». Os átomos do teu corpo son 99,9999999999999999% espazo baleiroSeguir lendo “antes de xulgar a outros ou afirmar calquera verdade absoluta, considera que…”

::pro::videncia::

Premio do certame de relato curto Jose Saramago de Santiago de Compostela, 2008 Dende hoxe, por aquí pendurado canda outros relatos. ::pro videncia:: Vai acontecer. El dobra o recanto. Agardas no semáforo. A mañá transcorreu paulatina, monacal. Nun nanosegundo calquera unha gaivota ganchilla un chío que estira o tiempo, enlentéceo. Enaltéceo. O tempo así, privilexiadoSeguir lendo “::pro::videncia::”

/ cruzo un home que /

Homes, home, homes… Habitamos un corpo que é un enigma para todos, homes, mulleres, criaturas, cyborgs. Animaliñxs… O corpo masculino merece que o celebren non só os gais. E que lle dean algunhas tortas tamén. Recupero un poema que xa publicara hai uns anos aquí. Bonus track: un tema de James Blake que a partirSeguir lendo “/ cruzo un home que /”

a primeira vez que vin a túa cara

Cantar ás escuras é ben máis cómodo para os que teñen pavor a ser observados. Qué tranquilidade botar a pastar a voz nos coros impracticables das igrexas ou en lugares sen grella de focos, en tebras, como o Planetario. É como unha modalidade do shoegaze: o cosmogaze. Enlazo un adianto da gravación do recital sobreSeguir lendo “a primeira vez que vin a túa cara”

baixo o único ceo que hoxe non vai chover

Escribindo sobre o ceo levamos moito tempo. Que se as Pléiades, que se Orión, que se o Setestrelo… A medida que se descubren obxectos e teorías ímolas incorporando á literatura: contos de relacións de parella que de súpeto falan de púlsares, poemas sobre a materia escura, expresións como Big Bang por doquier. Para o recital «…escrita noSeguir lendo “baixo o único ceo que hoxe non vai chover”

o raio de neutrinos que atravesa os libros

Ségueme fascinando o esforzo en facer crer que as decisións que concernen a cuestións humanas [como as literarias, por exemplo] obedecen a criterios que nada teñen que ver co social. Lémbrame a esas ideas do señor Bloom, Harold Bloom, o teórico e crítico literario, que viñan querer dicir pouco menos que a esencia literaria éSeguir lendo “o raio de neutrinos que atravesa os libros”

lingua sobre sexo

Nunha entrevista colectiva de hai pouco sobre o tema de Rosalía, comentei esta cuestión que coido non apareceu logo na versión final da entrevista, como tantas outras cousas que se adxudicaron equivocadamente ou quedaron no tinteiro. A razón pola que Rosalía me parecía unha ousada xenial  e unha ousada diría que enfermiza [tanto en CantaresSeguir lendo “lingua sobre sexo”

voyagers

1977 foi un bo ano. Fixen a miña primeira viaxe en avión. Comín xeados de dúas bólas. Bañeime moito. Vin medusas. Non me preocupaba amor ningún. Disfracei de xaponesa na gardería. Supoño que aprendín a agarrar un lapis. Mercáronme unha preciosa camisa vermella nun mercadillo de Marbella. Entrei nas covas de Nerja. Lembro cantar en todasSeguir lendo “voyagers”

notas ao programa: Bernstein, Gershwin e Shostakóvich

[Todas as notas ao programa escritas dende o ano 2010 para a Orquesta Sinfónica de Galicia están agrupadas na pestana artigos da cabeceira do blog] Os vindeiros 1 e 2 de novembro, a Orquesta Sinfónica de Galicia recibe como convidados ao pianista de jazz latino Michel Camilo xunta o director estadounidense de orixe ucraína Leonard Slatkin,Seguir lendo “notas ao programa: Bernstein, Gershwin e Shostakóvich”