Nesa curiosa historia da computación -cómo darlle ordes a unha máquina para que faga algo soa, esa cibernética ou «arte do temoneiro» que carimbou Norbert Wiener-, Ada Lovelace é luminosa e inaugural. Sabemos, si. Pero ás veces parece que queda como ese cromosoma «XX» de figura romántica -filla de quen era: Lord Byron, aínda que sen relaciónSeguir lendo “Hopper, unicornia do código na ciencia da computación”
Arquivo de categoría:macedonia
Notas ao programa da OSG: Sibelius, Rossini, Stravinski e Ravel
Notas ao programa 9 do mes de xaneiro de 2015. Sibelius, Rossini, Stravinski e Ravel en concerto. Todas as notas ao programa podes lelas clicando aquí. JEAN SIBELIUS (1865-1957) Finlandia (1899) Hai 100 anos Finlandia non era un país. Coñecíase como Gran Ducado de Finlandia e formaba parte do Imperio Ruso. O poema sinfónico opusSeguir lendo “Notas ao programa da OSG: Sibelius, Rossini, Stravinski e Ravel”
as obras e as substancias en sangue
As obras de calquera época e lugar quizais se comprenden mellor se curioseamos un chisco nas substancias psicoactivas, alucinóxenas, estimulantes ou depresoras que se levaban durante o contexto da súa xestación e, en concreto, as que levaba o autor ou autora no peto da chaqueta ou no caixón da mesiña de noite. Debería haber un catálogo,Seguir lendo “as obras e as substancias en sangue”
poñérmonos estupendas no Museo Valle-Inclán
Imaxina que, por un esguince do espazotempo, mañá apareces de súpeto paseando poñamos por caso pola Pobra do Caramiñal, A Coruña. Sen moito rumbo fixo. Igual os teus pasos lévante, así nun repente, á Casa Museo de Valle-Inclán. Alí imos estar nós, por cousas da vida. Por nós quero dicir: un pianista, un aquofonista-percusionista eSeguir lendo “poñérmonos estupendas no Museo Valle-Inclán”
Notas ao programa da OSG : Sibelius e Montsalvatge
O pasado 17 de outubro, a Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, ofreceu un menú de nacionalidades en conflito: por un banda, o finés Jean Sibelius que vive e participa activamente no proceso de independencia do seu país, naquela altura aínda parte do Imperio Ruso e con grande influencia sueca; porSeguir lendo “Notas ao programa da OSG : Sibelius e Montsalvatge”
aquófono de bambú para escrita no ceo
Esta tarde, ás 18:30, repetimos na Biblioteca de Los Rosales de A Coruña o recital-concerto …escrita no ceo: que presentáramos en xaneiro no Planetario de A Coruña. Unha lectura de textos e cancións sobre o ceo, pero baixo o ceo: esta vez o do refuxio dos libros. Haberá outras sorpresas, outros regalos e outros textos e, sobreSeguir lendo “aquófono de bambú para escrita no ceo”
as preguntas do asombro
[post publicado neste blog o 31 de xaneiro de 2013] As preguntas do asombro teñen algo desa inxenuidade quen de nos facer sentir ridículos, do lado dos timados e non dos golfos, lado que, por medo a que se nos tache dos outros, se nos alenta a ocupar. Como se non houbese máis que esas dúas opcións noSeguir lendo “as preguntas do asombro”
soños de sapiens
Esta é a crónica que escribín hai unhas semanas para a Marea da Cidade Vella dentro da iniciativa cidadá Marea Atlántica. As fotos son de Sandra G. Rey. Podes ler máis da marea, as súas iniciativas, asembleas, propósitos e vindeiras convocatorias, aquí: http://www.mareatlantica.org Por ESTÍBALIZ…ESPINOSAMarea da Cidade Vella Igual en materia de soños moi orixinaisSeguir lendo “soños de sapiens”
limiar de As paisaxes eléctricas
Está a piques de saír do prelo o libro gañador do XXVI certame de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, do Concello de Dodro, o do ano 2013. A gañadora foi Cristina Ferreiro, que leva publicados varios volumes de poesía como A extinción dos harmónicos [adoro ese título], Ansiedade e planetas ou Abecedario póstumo. Ela suxeriume un limiar paraSeguir lendo “limiar de As paisaxes eléctricas”
Veus paral·leles, por Clàudia Rius
Corto e pego o artigo publicado na revista dixital catalana Nùvol sobre o recital final no Centre Cultural Born de Barcelona do ciclo «Veus paral·leles. De Fisterra al Cap de Creus», asinado pola xornalista Clàudia Rius [@ClaudiaRiusL] o pasado 8 de xullo. Veus paral·leles: Habita’m hui per si demà les hores escampen com la boira ClàudiaSeguir lendo “Veus paral·leles, por Clàudia Rius”