Sigo coa teima de traducir [que teima tes, neniña] e coa teima dos vasos comunicantes entre ciencia e literatura. E sigo, claro, traducindo a Sagan. Feliz Día do Libro. Este fragmento pertence á serie [e ao libro] Cosmos. «Que cousa abraiante é un libro. Un obxecto plano feito a partir dunha árbore con partes flexiblesSeguir lendo “Que cousa abraiante é un libro, Carl Sagan”
Arquivos de etiqueta:carl sagan
«Cosmos, de Carl Sagan, non encaixa na nosa liña editorial»
Tal foi a resposta que me deron dende un dos grandes grupos editoriais en Galiza cando hai uns anos propuxen publicar en galego ese título do astrónomo e humanista Carl Sagan, de onde saíu a decisiva serie de televisión dos anos 80 do século XX. Daquela argumentara a proposta así: se queremos dispor dun corpus de clásicosSeguir lendo “«Cosmos, de Carl Sagan, non encaixa na nosa liña editorial»”
outroras
| outroras | Que levante a man quen non se sinta fóra de tempo algunha vez. Por exemplo: máis contemporánea de Lucy, a australopitheco, que dos seus colegas de traballo. Cóbado con cóbado cos estromatolitos de hai 3.000 millóns de anos: hai días en que nos erguemos así. Pensas que Voltaire te había entender de perlas.Seguir lendo “outroras”
moito máis Sagan en galego
«A verdade pode ser desconcertante. Pode que leve algo de traballo roela. Pode ser contraintuitiva. Pode contradicir prexuízos arraigados ben no fondo. Pode non encaixar co que desesperadamente queremos que sexa certo. Pero as nosas preferencias non determinan o que é certo. Temos un método e tal método axúdanos a acadar non a verdade absoluta, tan só aproximacións asintóticasSeguir lendo “moito máis Sagan en galego”
unha estrela perigosa para a noite do Cosmos
Cada pouco, falo do mesmo. Son como as vellas. Son unha, en concreto, de setenta anos como pouco. A ver, déixame que lembre. Meu irmán tería 16 anos e eu uns 7. Vimos os capítulos nas ceas. Supoño que eu non os vería completos, mandaríanme á cama antes de que rematasen. Pero lembro a CarlSeguir lendo “unha estrela perigosa para a noite do Cosmos”
sobre o sentido da vida, Carl Sagan
Fragmento de Carl Sagan recollido no libro The Meaning of Life: reflections in Words and Pictures on Why We Are Here, de David Friend. via http://www.brainpickings.org. As negriñas son miñas. En verdade, eu titularíao O sentidiño da vida. De O sentido da vida: reflexións con palabras e imaxes sobre por que estamos aquí. Fragmentos de Carl Sagan tomadosSeguir lendo “sobre o sentido da vida, Carl Sagan”
voyagers
1977 foi un bo ano. Fixen a miña primeira viaxe en avión. Comín xeados de dúas bólas. Bañeime moito. Vin medusas. Non me preocupaba amor ningún. Disfracei de xaponesa na gardería. Supoño que aprendín a agarrar un lapis. Mercáronme unha preciosa camisa vermella nun mercadillo de Marbella. Entrei nas covas de Nerja. Lembro cantar en todasSeguir lendo “voyagers”
Sagan en galego {2}
A seguir, o principio do primeiro capítulo de Cosmos, de Carl Sagan, froito literario da serie de televisión dos anos 80. A primeira poesía que escoitei na vida foi esta, dobrada coa voz de José María del Río. Culpa non teño. Trad. a galego E…E. Río CAPÍTULO 1 As beiras do océano cósmico Os primeiros homesSeguir lendo “Sagan en galego {2}”
Sagan en galego
Este é o comezo dunha das obras máis fascinantes da segunda metade do século no que case todos os que lean isto [hoxe] nacimos. Cosmos, de Carl Sagan, non está traducida ao galego. Non é novela, non é conto, non é ensaio nin poesía. Non é teatro, tampouco xornalismo, nin DOGA nin guía turística nin,Seguir lendo “Sagan en galego”
música reptiliana
Dende a revista dixital Sono-Tone pedíronme unha lista. Os 10 temas da miña vida. [inclúo o artigo xa que o link da revista desapareceu: Resúltame claustrofóbico elixir 10 temas. Daí que, deslizados nos comentarios, vaian moitos máis. E agora que vexo o decálogo rematado e comprobo que non puxen nada dos Beatles nin dos CureSeguir lendo “música reptiliana”