Fatena Al-Ghorra [Gaza, Palestina] vai en España estes días. Poeta e xornalista. Pasou pola Universidade de Almería, por Málaga e andará en Cosmopoética [Córdoba] e Madrid [presentada por Elena Medel, quen a introduciu en España] na vindeira fin de semana. Traduzo da versión castelán que dende o árabe verqueu Rosa-Isabel Martínez Lillo. Trátase de fragmentosSeguir lendo “a túa excepción desconcerta- Fatena Al-Ghorra en galego”
Arquivo de categoría:traducións
autores infinitos
Escritores notables que quizais non se teñen en conta como deberían. Hailles moitos. Todos un pouco soñamos con ser deses escritores que “quizais non se teñen en conta como deberían”. Coido que é unha fantasía típica de escritor, como a fantasía do suicidio ou da morte por accidente, dous clásicos best-dreamers. Fan vida neste planetaSeguir lendo “autores infinitos”
catenaria
Levo un tempo coas cervicais algo inclinadas sobre a poesía de Rafael Cadenas, un poeta venezolano do século XX, vivo, quizais dos máis sublimes -creo que é venerable a palabra cando un xa rebasa os 75 en meridiana lucidez- en lingua española procedentes dese país ao que xa adoro sen remedio, un país no queSeguir lendo “catenaria”
xaneira de izaskun
Leo saco de humos, de Izaskun Gracia [poeta que naceu en Bilbao e vive en Madrid, onde leva unha parte do peso da editorial de poesía Masmédula], premio de poesía Villa de Aranda e publicado por TELIRA. Lembro, polo título, de O pouso do fume de Dores Tembrás, aínda que a arquitectura lírica de ambas difiraSeguir lendo “xaneira de izaskun”
cheira a transmutación na cociña {1}
As cociñas xa non son o que eran. De resplandor do lume, de medo centrifugado co lobo, de gheto ancestral, de ventre de balea que vomita protóns de carne espeluznada, agora as cociñas transmutaron nun espazo no que nos medimos a creación – a criatividade, oh, palabra cadabra- e a empratamos cun pirixel emplumado. UliscoSeguir lendo “cheira a transmutación na cociña {1}”
por fin, mozas de calendario
Un Almanaque -alma na que- chegou procedente de Este Sur. Contén multitudes e textos para cada ciclo lunar, renglóns por se anotares versos roubados a fin de mes -cando os supermercados van baleiros e os días búscanse a fin os uns aos outros-, debuxos, un calendario de peto. O almanaque é azul, azul como oSeguir lendo “por fin, mozas de calendario”
chico malo
Fragmento de Chamada aos malos poetas, de Rodolfo Fogwill […] Á caza do home, por fame, corren todos, saltan da cuadrícula e son zampados. Todo iso abonda: faltan os poetas, os mil, os dez mil malos, cada un armado co seu libro de merda. Faltan, os seus ensaíños e as súas “novela en preparación”. Ah..Seguir lendo “chico malo”
resucitando textos dos demais
LITERATURA Para Enrique Vila-Matas Os pisos praguenses en que viviu Franz Kafka, e as súas gravatas negras e os seus chapeus e os seus zapatos. O pelo enxoito de James Joyce, cuxa man queimou Dublín. Os amantes de Luis Cernuda, rindo ás súas costas. A dona de Shakespeare, vella e adúltera. Os ollos verdes eSeguir lendo “resucitando textos dos demais”
sen selo dende NKT
Como xa che teño dito noutras ocasións, non imaxino outro traballo nin outro lugar que me encha tanto coma este, coma esta África que me namora, á que pertenzo, porque encerra e representa, como ningún outro lugar que coñeza, todo o que a humanidade é, o que foi e o que pode chegar a ser. deSeguir lendo “sen selo dende NKT”
sobre a vida erótica dos demais
Sobre a vida erótica [fragmento. Diario de un mal año. J.M. Coetzee. Mondadori.] Un ano antes de se suicidar, o meu amigo Gyula faloume do erotismo tal como o coñecía no outono da súa vida. Gyula díxome que cando era novo, en Hungría, fora un gran mullereiro. Pero ao facerse maior, malia seguir sendo tanSeguir lendo “sobre a vida erótica dos demais”