Marilyn escribe escribe

Manuscritos de Marilyn Monroe, extraídos de Fragments: Poems, Intimate Notes, Letters. Tradución de E…E…Río coa colaboración de Mar Laredo Cordonié e Jose Fernández Cid. Con franqueza, hai algo voyeur aquí, unha vez máis. A cuestión é que non se trata de textos que teñan a vontade de seren expostos, publicados. Non son textos en si,Seguir lendo “Marilyn escribe escribe”

Sagan en galego {2}

A seguir, o principio do primeiro capítulo de Cosmos, de Carl Sagan, froito literario da serie de televisión dos anos 80. A primeira poesía que escoitei na vida foi esta, dobrada coa voz de José María del Río. Culpa non teño. Trad. a galego E…E. Río  CAPÍTULO 1 As beiras do océano cósmico Os primeiros homesSeguir lendo “Sagan en galego {2}”

Sagan en galego

Este é o comezo dunha das obras máis fascinantes da segunda metade do século no que case todos os que lean isto [hoxe] nacimos. Cosmos, de Carl Sagan, non está traducida ao galego. Non é novela, non é conto, non é ensaio nin poesía. Non é teatro, tampouco xornalismo, nin DOGA nin guía turística nin,Seguir lendo “Sagan en galego”

imos fartos de ti, Bukowski

pero segues a ser mentado, invocado e lido cada dous por tres. Algo fixeches ben, logo. Pero ollo, cáeche un mainstream pola baba abaixo. Miles de eslamiados, aburridos e pretensiosos tamén te agochan na cabeceira. Que facer contigo, pois? No volume de poemas que podería traducir -e traduzo- como Á esculca na loucura da palabra,Seguir lendo “imos fartos de ti, Bukowski”

outro conto de Grace Paley

O segundo conto de Grace Paley que traio aquí titúlase no orixinal “Wants”. Traducino provisionalmente como “O que se quere”, xa que “Desexos” [“Deseos” na versión castelá de Anagrama, Cuentos completos, 2005] non me convence. Fala de ambicións, de aspiracións, de vontades… sen a sexualizada carga semántica de “desexo”. :: O que se quere ::Seguir lendo “outro conto de Grace Paley”

de Ruth Fainlight

O poema Elm de Sylvia Plath que aparecía no post anterior estaba dedicado a Ruth Fainlight, poeta nacida en Nova York e amiga da bostoniana. Residiu en Europa varios anos [Reino Unido, Francia e España] e é autora dunha obra tentacular que abrangue relato, poesía, tradución e libreto operístico. Cando googleamos a esta muller, deseguidoSeguir lendo “de Ruth Fainlight”

de Sylvia Plath

Tras a primeira lectura no ano 95, deixara a Plath cocéndose a fogo lento no seu Ariel de Hiperión. E xa me sabe mal acabar de escribir “cocéndose a fogo lento”, porque se algo desacouga sempre na literatura son esas rúbricas suicidas -Plath deixoulle o leite aos nenos, meteu a cabeza no forno, abriu oSeguir lendo “de Sylvia Plath”

traducirse/traizoarse

Un primeiro borrador rascunho dunha autotradución ao inglés. Con saberme as letras dos Pixies e Tracy Chapman non me chegou, témome. /serial monogamies on ikea shelves/ How good would my tolstois look among your dostoievskis petrified on the ice of the central shelf, just before thawing out in nabokovs fields bakunins boiling. My coetzees wouldSeguir lendo “traducirse/traizoarse”

un conto de Grace Paley

Este é o primeiro dunha serie de contos de Grace Paley que ando a traducir a galego. Non podo dicir que o seu estilo sexa exuberante nin cautivador, tira máis ao parco, ao esmoucado. Vese que lle interesa máis o óso da historia que a carne para churrasco ao seu redor. Ten ese aire norteamericanoSeguir lendo “un conto de Grace Paley”