antes de xulgar a outros ou afirmar calquera verdade absoluta, considera que…

…podes ver menos do 1% do espectro electromagnético e oír menos do 1% do espectro acústico. Mentres les isto, viaxas a 220 quilómetros por segundo a través da galaxia. O 90% de células do teu corpo conteñen o seu propio ADN microbiano e non son «ti». Os átomos do teu corpo son 99,9999999999999999% espazo baleiroSeguir lendo “antes de xulgar a outros ou afirmar calquera verdade absoluta, considera que…”

conto cativo de Amy Hempel

:: o cordeiro orfo :: Amy Hempel Trad. de Estíbaliz Espinosa Esfolou o cordeiro invernal morto, recolleu o seu sangue nos pantalóns para así seguir termando del, primeiro xirando os pezuños e tallando cada pata, logo arrincando a pel de músculo e óso. Atou cun cordel o pelello arredor do corpiño do cordeiro orfo, deseSeguir lendo “conto cativo de Amy Hempel”

notas OSG baixo o signo de Saturno

Os vindeiros 24 e 25 de xaneiro han ser días rexidos por Saturno no Palacio da Ópera. A OSG vai meterlle o dente a un programa no que, ademais de memoria, soños e calentóns adúlteros, hai melancolía da boa, da que se cría filla de Saturno, da que se escribe melankholia e se cura a baseSeguir lendo “notas OSG baixo o signo de Saturno”

cando escoitei o astrónomo erudito

Un petisco do que pasará esta noite no Planetario. Haberá auga, haberá sons, haberá viño, haberá cazapos, haberá escrita. Haberá ceo. ☞  Cando escoitei o astrónomo erudito Walt Whitman Tradución de Estíbaliz Espinosa Cando escoitei o astrónomo erudito; cando as probas e as cifras aliñáronse en columnas diante de min; cando me mostraron os mapasSeguir lendo “cando escoitei o astrónomo erudito”

sobre o sentido da vida, Carl Sagan

Fragmento de Carl Sagan recollido no libro The Meaning of Life: reflections in Words and Pictures on Why We Are Here, de David Friend. via http://www.brainpickings.org. As negriñas son miñas. En verdade, eu titularíao O sentidiño da vida. De O sentido da vida: reflexións con palabras e imaxes sobre por que estamos aquí. Fragmentos de Carl Sagan tomadosSeguir lendo “sobre o sentido da vida, Carl Sagan”

pétalos, abellas, mastectomía. Robert Hass

Unha historia sobre o corpo Robert Hass Tradución  Estíbaliz Espinosa O mozo compositor, que traballaba ese verán nunha colonia de artistas, levaba unha semana observándoa. Era xaponesa, pintora, duns sesenta, e el cría que namorara dela. Encantáballe a súa obra, e a obra era o modo no que movía o seu corpo, usaba as mans, ollábaoSeguir lendo “pétalos, abellas, mastectomía. Robert Hass”

o curso dun poema de Raymond Carver

Onde a auga se une a outras augas Raymond Carver Tradución de E. E. Río Adoro os regueiros e a música que fan. E as correntes, entre devesas e claros, antes de escolleren devir regueiros. Adóroos sobre todo polo seu sixilo. E case esquezo das fontes! Hai algo máis fermoso ca un manancial? Pero asSeguir lendo “o curso dun poema de Raymond Carver”

un poema de Mahmud Darwish

Unha cantiga e o Sultán Mahmud Darwish Non era máis que a descrición do estouro da chuvia e farrapos de alustro que calcinaran o segredo das árbores… logo por que se opuxeron a ela? Cando dixo que algo distinto a estas augas discorre polo río e que as xentes da beira son estatuas e cousasSeguir lendo “un poema de Mahmud Darwish”

punto azul pálido

En maio deste ano argallei un concerto literario no Teatro Colón. Unha viaxe polas marxes. Dei comezo a esa viaxe de música e literatura coa lectura deste texto, un dos máis representativos da segunda metade do século XX, e que non pertence a un premio Nobel de Literatura. «Dende esta perspectiva afastada, pode parecer queSeguir lendo “punto azul pálido”

o corpo a hematocrítico debate

Ideas que quedan no tinteiro. Para a mesa redonda de #ocorpoadebate de antonte en Compost levaba o exemplo da antoloxía Sangrantes, de recente aparición na editorial Origami, relacionada con poemarios de autoras galegas que inciden na mesma rotundidade corporal dende o título [ Os teus dedos na miña braga con regra, por exemplo, de LupeSeguir lendo “o corpo a hematocrítico debate”