se Leopold Bloom fose un hijo de Rivera diría cousas así

Tres fragmentos [] do Ulysses en galego. Tradución E…E. Río Ulises, [] do capítulo 17 [Ithaca] Para que criatura foi a porta de saída unha porta de entrada? Para un gato. Que espectáculo presenzaron cando, primeiro o anfitrión, logo o convidado, emerxeron silenciosamente, dobremente en tebras dende a escuridade por un pasadizo dende a parteSeguir lendo “se Leopold Bloom fose un hijo de Rivera diría cousas así”

Feynman sobre os poetas

Richard Feynman, o físico con rostro da máscara da comedia grega, o que explicaba enigmas da vida cun sorriso ou tocando os bongós en Brasil, o que sementaba pizarras en clases entusiastas e charlas que hoxe son mitos da física do século XX, o que tiña que estar sempre de broma e non, non oSeguir lendo “Feynman sobre os poetas”

un conto de Clarice Lispector [traducido a galego]

:: Felicidade clandestina :: Clarice Lispector Trad. de Estíbaliz Espinosa Ela era gorda, baixa, apencada e de cabelos excesivamente crechos, medio arroibados. Tiña un busto enorme, mentres que todas nós eramos aínda planas. Por se fose pouco, enchía de caramelos os dous petos da blusa, por riba do busto. Mais posuía o que calquera nenaSeguir lendo “un conto de Clarice Lispector [traducido a galego]”

«podo lanzar raios dende cada recanto do Universo…»

Benquerida Mamá, Debo darche a opinión exacta que teño sobre as miñas propias capacidades e a miña mente, resultado dun máis que certeiro exame de min mesma con vistas aos meus plans futuros durante os vindeiros meses. Coido que posúo unha singular combinación de cualidades ensambladas con precisión para me converter preeminentemente nunha investigadora dasSeguir lendo “«podo lanzar raios dende cada recanto do Universo…»”

3 traducións máis de Wislawa Szymborska

Onte houbo un ano que finou unha das grandes voces da literatura -non vou facer un aparte coa poesía. Hoxe non. Pode que mañá tampouco-. Gran voz da literatura, por tanto. Non sei polaco: apenas podo relacionalo cunha raquítica memoria dalgúns cursos de ruso, porén aventureime a sachar a galego algúns textos de Wislawa Szymborska.Seguir lendo “3 traducións máis de Wislawa Szymborska”

Mark Strand trans

Dentro do antilirismo -que nos conmove-, o surrealismo de Magritte -que nos converte en pipas- e unha narratividade que aplica a lupa sobre un feito aparentemente pequeno e intrascendente, estes 5 poemas de Mark Strand aparecidos en The Boston Review en abril do pasado ano. Textos que abanean entre o koan e a sátira, oSeguir lendo “Mark Strand trans”

poema 668 de Emily Dickinson

Non por casualidade este é o primeiro poema traducido que subo este ano. A autora, a coñecida Emily Dickinson, definira tamén a natureza como unha «Haunted House» -unha casa encantada- e á arte como «a House that tries to be haunted» -unha casa que intenta estar encantada-. Que savoir tan decimonónico, tan volta de torca eSeguir lendo “poema 668 de Emily Dickinson”

do texto ao téxtil: tradución de Christine Wilks, Fitting the pattern {1}

Un dos proxectos literarios en rede máis curiosos e fascinantes que atopei, compartino o pasado trimestre durante un curso de Literatura Dixital no Centro Sociocultural Ágora de A Coruña. Fitting the pattern, de Christine Wilks, un ir e vir na debandoira da memoria dunha filla de costureira. Un ir e vir do texto ao tecido,Seguir lendo “do texto ao téxtil: tradución de Christine Wilks, Fitting the pattern {1}”

abrigos, bufandas, neve, nais

A semana pasada, na charla de Andrés Neuman no Ágora arredor de Hablar solos, a súa última novela, apareceu citado polo propio Andrés e revoando no espazo en tebras da sala, un abrigo. Un abrigo e, detrás, unha nai. E por riba deles, cristais de neve. O verso que citou pertence aos Poemas en prosaSeguir lendo “abrigos, bufandas, neve, nais”

embrión

«O concepto de embrión é do máis asombroso e formar un embrión, a cousa máis difícil que farás na  vida. Para chegar a embrión tiveches que construirte a ti mesmo dende unha célula única. Tiveches que respirar antes de teres pulmóns, dixerir antes de teres tripas, fabricar ósos cando eras carnoso e organizar toda unhaSeguir lendo “embrión”