polo día do libro infantil

O pasado 2 de abril, día do libro infantil, a miña editora preguntou a varios escritores por unha primeira lectura, unha obra especial da súa nenez. Fomos moitos os que mencionamos a Michael Ende. Antes do grande clásico da Historia Interminable, pola miña vida entraron -un Nadal dos 80-  Jim Botón y Lucas el maquinista,Seguir lendo “polo día do libro infantil”

ceo do norte {1}

Plaxio con este título o nome dun programa de CuacFM que hai uns anos presentaban Juanjo Casteleiro e Sandra G. Rey. Plaxio ou homenaxeo ou simplemente postmoderneo? Pregúntenlle aos avogados de María Kodama, que o teñen claro. Porque eu non. Sirva este título polo de agora homenaxe -agarden, o título do programa tamén exercía comoSeguir lendo “ceo do norte {1}”

ord / språk [tradución a galego dun poema de T. Tranströmer]

Trött på alla som kommer med ord, ord men inget språk for jag till den snötäckta ön. Det vilda har inga ord. De oskrivna sidorna breder ut sig åt alla håll! Jag stöter på spåren av rådjursklövar i snön. Språk men inga ord. Tomas Tranströmer  Weary of all who come with words, words but noSeguir lendo “ord / språk [tradución a galego dun poema de T. Tranströmer]”

unha invocación á lucidez natural + uns gramiños de metano

Un dos grandes e privilexiados cranios da época encabeza a este humano, elefante indio con pinta de normando de Asterix, elefantiásico el, que non coñece o medo el, que se zampa o saber con marmelada el, e que aos 35 anos escribía este parágrafo conmovedor ao inicio da súa demoledora Crítica da razón cínica [1983]: NonSeguir lendo “unha invocación á lucidez natural + uns gramiños de metano”

un minuto de silencio entre dúas épicas

Hai moito, alguén leume este poema; aprendérao de memoria. Era efectista, erudito. Conmovedor no medio de algo arcaico e monumental. As metáforas, entre vibrantes (unha chuvia miúda que se transforma nas cordas dunha arpa ao intensificarse) e domésticas (esa chuvia pertinaz que non respecta nin sequera a Gran Literatura Universal, aquilo parecía Galiza!). Ese cego queSeguir lendo “un minuto de silencio entre dúas épicas”

un prólogo ou epílogo dun estado de cousas

Tradución do texto de José A. Pérez que abre Españistán: este país se va a la mierda, de Aleix Saló. Un libro de humor/amor/tumor gráfico editado en Glénat. Un vídeo que arrasou en 6 días nas redes sociais. Un prólogo tristemente brillante. Benvidos a Españistán Benvidos ao país co mellor sistema educativo de toda África.Seguir lendo “un prólogo ou epílogo dun estado de cousas”