:: o cordeiro orfo :: Amy Hempel Trad. de Estíbaliz Espinosa Esfolou o cordeiro invernal morto, recolleu o seu sangue nos pantalóns para así seguir termando del, primeiro xirando os pezuños e tallando cada pata, logo arrincando a pel de músculo e óso. Atou cun cordel o pelello arredor do corpiño do cordeiro orfo, deseSeguir lendo “conto cativo de Amy Hempel”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
xaneira
/ xaneira / Escoita, vou levantarme desta mesa. Vou levantarme desta mesa co seu viño excitado de uvas o seu sushi atrapado nun salto de peixe o seu pan esfrangullado miga a miga Vou ir ao cuarto de baño que está tras de ti mentres te esperas aquí untando pan meu a migo ou oSeguir lendo “xaneira”
/ cruzo un home que /
Homes, home, homes… Habitamos un corpo que é un enigma para todos, homes, mulleres, criaturas, cyborgs. Animaliñxs… O corpo masculino merece que o celebren non só os gais. E que lle dean algunhas tortas tamén. Recupero un poema que xa publicara hai uns anos aquí. Bonus track: un tema de James Blake que a partirSeguir lendo “/ cruzo un home que /”
a primeira vez que vin a túa cara
Cantar ás escuras é ben máis cómodo para os que teñen pavor a ser observados. Qué tranquilidade botar a pastar a voz nos coros impracticables das igrexas ou en lugares sen grella de focos, en tebras, como o Planetario. É como unha modalidade do shoegaze: o cosmogaze. Enlazo un adianto da gravación do recital sobreSeguir lendo “a primeira vez que vin a túa cara”
notas OSG baixo o signo de Saturno
Os vindeiros 24 e 25 de xaneiro han ser días rexidos por Saturno no Palacio da Ópera. A OSG vai meterlle o dente a un programa no que, ademais de memoria, soños e calentóns adúlteros, hai melancolía da boa, da que se cría filla de Saturno, da que se escribe melankholia e se cura a baseSeguir lendo “notas OSG baixo o signo de Saturno”
tecnoloxía disruptiva
/tecnoloxía disruptiva/ Ánimo. Neste mundo unha nace e se desnace coma se nada. Se sempre e se desempre cada dous por tres. Rómpese e desrómpese e a vida segue ás veces. Outras, garda elocuentes silencios. Fumea en neve. Desdise tinta. Aparécese en estómagos baleiros como un espectro de estrela que foi. Coma se nada. ASeguir lendo “tecnoloxía disruptiva”
cando escoitei o astrónomo erudito
Un petisco do que pasará esta noite no Planetario. Haberá auga, haberá sons, haberá viño, haberá cazapos, haberá escrita. Haberá ceo. ☞ Cando escoitei o astrónomo erudito Walt Whitman Tradución de Estíbaliz Espinosa Cando escoitei o astrónomo erudito; cando as probas e as cifras aliñáronse en columnas diante de min; cando me mostraron os mapasSeguir lendo “cando escoitei o astrónomo erudito”
baixo o único ceo que hoxe non vai chover
Escribindo sobre o ceo levamos moito tempo. Que se as Pléiades, que se Orión, que se o Setestrelo… A medida que se descubren obxectos e teorías ímolas incorporando á literatura: contos de relacións de parella que de súpeto falan de púlsares, poemas sobre a materia escura, expresións como Big Bang por doquier. Para o recital «…escrita noSeguir lendo “baixo o único ceo que hoxe non vai chover”
escrita no ceo
Cousas que pasan o ano que vén. Atá entón, feliz carbono 14. Sábado 4 de xaneiro, 20:30 Entradas a 2 euros dispoñibles á venda dende o 2 de xaneiro na Casa das Ciencias, Parque de Sta. Margarita da Coruña, Galicia non Galitzia.
sobre o sentido da vida, Carl Sagan
Fragmento de Carl Sagan recollido no libro The Meaning of Life: reflections in Words and Pictures on Why We Are Here, de David Friend. via http://www.brainpickings.org. As negriñas son miñas. En verdade, eu titularíao O sentidiño da vida. De O sentido da vida: reflexións con palabras e imaxes sobre por que estamos aquí. Fragmentos de Carl Sagan tomadosSeguir lendo “sobre o sentido da vida, Carl Sagan”