VI Feria del Libro de Soria. Botín: barquiño do Gaviero, El sueño de Visnu, de David Meza, Vomit, gravado en fragmento dun enxoval de liño obra de Laia Arqueros, vella Salamandria sobre «Formigas», xornal de Atapuerca, puntas de frecha de sílex, venus de Willendorf, mapoulas secas roubadas dos trigais de Burgos, xirasois sisados dos camposSeguir lendo “botín de Soria”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
Meendiño pasado polo P22
Deixo aquí unha das cousas sonoras que levara á Feira do Libro de Soria e que, por cuestións de tempo, non se puido escoitar finalmente. Trátase dun xogo feito co programa P22 Music Text Composition Generator que transforma textos en «música» ou algoasí. Por probar, metín no xerador un dos textos de cantiga sen músicaSeguir lendo “Meendiño pasado polo P22”
expoetas
O sábado 20 andarei ás intemperies con Maite Dono, voceando augas Castela adiante. Será dentro da ExPoesía, que vive fóra e bota por fóra e vai por Soria. Na Feira do Libro con El Gaviero que otea. Non levo a Gabinete Caligari na BSO do coche nin a Machado na maleta. Mal karma? Non idesSeguir lendo “expoetas”
quen …………. a Virginia Woolf?
Un destes supostos príncipes do suposto séquito do suposto Emperador de Abisinia é Virginia Woolf. Como xogo de verán, podedes entretervos en adiviñar cal deles é ela. E logo de mergullarvos nas ondas estivais, mergullarvos no por que de todo isto que acontecía hai 103 anos. Via http://www.openculture.com
todas as vidas do rostro de H.
Maria Chenut é unha artista francoestadounidense que, logo de trece anos en Compostela, emigrou a San Francisco hai uns meses. Acaba de voltar este verán para presentar dúas exposicións en Ourense: unha colectiva [El gabinete de un aficionado/O gabinete dun afeccionado] e outra individual [Objects in mirror are closer than they appear/ Os obxectos nunSeguir lendo “todas as vidas do rostro de H.”
outra crítica de Cantos dende a marxe
Unha pequena crítica do concerto-recital «Cantos dende a marxe» celebrado o 18 de maio de 2013 no Teatro Colón, como peche dos actos do Laboratorio Teatral. A recensión apareceu no blog Viaxes O Lóstregho: E para rematar a semana das Letras Galegas no Teatro Colón da Coruña houbo un concerto chamado “Concerto nas marxes”, bastanteSeguir lendo “outra crítica de Cantos dende a marxe”
Joana in vivo {3}
O poema que escribín para acompañar as fotografías de Joana que metín nas placas de Petri -tamén fragmentos deste poema aparecen dentro de placas de Petri-: [in vivo ] I a placa évos redonda coma un nobelo transmite transmuta un fío de rexeneración en rexeneración […] cos característicos cristais en forma de agulla, presentando aSeguir lendo “Joana in vivo {3}”
Joana in vivo {2}
Joana Magalhães amosoume parte do seu traballo no Instituto de Investigación Biomédica d’A Coruña. Estas son algunhas das fotos que lle tirei montadas sobre imaxes de cultivos e tal e como quedaron dentro das placas Petri. Placas Petri con fotografías e fragmentos do poema [in vivo], E…E
Joana in vivo {1}
Joana Magalhães púxose en contacto comigo -grazas a Antía Otero– como alumna do seu obradoiro O Ollo da Arte interesada na simbiose entre arte e ciencia, unha póla que Antía relacionou comigo e as miñas teimas. Joana ofreceuse a facerme unha entrevista. Eliximos a Casa das Ciencias como emprazamento e mantivemos charlas durante algúns días,Seguir lendo “Joana in vivo {1}”
se Leopold Bloom fose un hijo de Rivera diría cousas así
Tres fragmentos [] do Ulysses en galego. Tradución E…E. Río Ulises, [] do capítulo 17 [Ithaca] Para que criatura foi a porta de saída unha porta de entrada? Para un gato. Que espectáculo presenzaron cando, primeiro o anfitrión, logo o convidado, emerxeron silenciosamente, dobremente en tebras dende a escuridade por un pasadizo dende a parteSeguir lendo “se Leopold Bloom fose un hijo de Rivera diría cousas así”