o transvisible

O Consello da Cultura Galega, xunta a Fundación Rosalía de Castro, púxose en contacto cunhas cantas persoas do sexo feminino e, como era de esperar, deunos un consello. Un consello cultural. Un consello galego. Dentro dos actos arredor do congreso «Rosalía de Castro no século XXI», os centocincuenta anos de Cantares Gallegos, o día daSeguir lendo “o transvisible”

papel a punto de

Dende hoxe penduro en pdf para quen queira ver, ler ou descargar papel a punto de, un poemario que se publicou traducido a castelán en 2011 por El Gaviero Ediciones e que nunca se publicara ao completo en galego -si moitos dos seus textos en revistas, blogs ou libros colectivos-. Para a cuberta, o artista ThomasSeguir lendo “papel a punto de”

Notas ao programa da OSG: Escudero-Ravel-Brahms

O venres 15 e o sábado 16 de marzo a OSG ofrece o seu Programa XVI desta temporada e, xa que estamos nun fin de inverno cheo de fumareos, rebullóns e chuvia a fartar, a música escollida atravesa unha climatoloxía variable como a propia primavera que, sospeitamos, se aveciña. Un bailarín alucinóxeno, un tren en marchaSeguir lendo “Notas ao programa da OSG: Escudero-Ravel-Brahms”

as avoas: Rosa Inés

Nun dos libros que deixaches na casa, Chávez nuestro, lin hai anos un poema escrito por Hugo Chávez. O home que parecía que traía tanto ao teu país, o que quería a abuela Borges -e ti mesmo-; o que, segundo o teu pai e tras tanta esperanza, finalmente naufragara nunha das terras máis vizosas daSeguir lendo “as avoas: Rosa Inés”

hibridámonos unha e outra vez

Aos vintetantos eu non lera demasiado sobre os neandertais, pero o pouco que se ía sabendo deles me fascinaba. Dende finais do século XX había cada vez máis fósiles, cada vez máis artigos, cada vez máis libros que desenterraban aos poucos aqueles clans perdidos. Aqueles medio irmáns. Para unha individua que ten o sentimento deSeguir lendo “hibridámonos unha e outra vez”

3 traducións máis de Wislawa Szymborska

Onte fixo un ano que finou unha das grandes voces da literatura -non vou facer un aparte coa poesía. Hoxe non. Pode que mañá tampouco-. Gran voz da literatura, por tanto. Non sei polaco: apenas podo relacionalo cunha raquítica memoria dalgúns cursos de ruso, porén aventureime a sachar a galego algúns textos de Wislawa Szymborska.Seguir lendo “3 traducións máis de Wislawa Szymborska”

as preguntas do asombro

As preguntas do asombro teñen algo desa inxenuidade quen de facernos sentir ridículos, do lado dos timados e non dos golfos, lado que, por medo a que se nos tache dos outros, se nos alenta a ocupar. Como se non houbese máis que esas dúas opcións no escenario político. Como as cuestións cándidas que son,Seguir lendo “as preguntas do asombro”

CO2 do carallo

Onte nunha charla no planetario local: «O CO2, ese gas a nos escarallar o clima, podería crear en Marte unha atmosfera» Quedamos coa bocalada de O2 a medio camiño do bronquio. Así que o CO2 que fai infumable pode facer habitable o CO2, cuxa cabeza até onte tiña un prezo, seica mañá requira almacenaxe, distribución interplanetaria, leisSeguir lendo “CO2 do carallo”

disidencia

| disidencia | no interior dun cristal de sal de hai 250 millóns de anos, canda bacterias en vivo estado de suspensión, atoparon o berro que non deches cando debiches ter berrado un berro feito a fentos as burbullas de carbono do aire que tomaches para dalo as súas titanias e oberóns diminutos amordazados conSeguir lendo “disidencia”