Dende o pasado 5 de xaneiro se alguén se achega á galería Vértice, en Estoril [Portugal], atoparase dentro da exposición colectiva «Mulheres e as babuchas», un proxecto comisariado por Renata Carneiro na que colaboran 30 mulleres de Portugal, Francia e España intervindo unhas babuchas marroquís de home. En palabras da propia Carneiro: «Mulheres e as Babuchas surgiuSeguir lendo “mulheres e as babuchas”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
chimpo
Alguén entre onte e hoxe foi o visitante 100.000 desta páxina. Un chimpo de agradecemento sobre os campos espigados. .
abismo luminoso
Todos somos criaturas abisais :: Non é a nosa a presión dunha masa de auga :: senón a dunha masa viva de seres En ocasións o abismo torna luminoso :: ascendemos á superficie :: bioluminiscencia :: cremos no noso corpo e na súa :: forma orixinal Redonda :: un peixe lúa :: un globo inflado ::Seguir lendo “abismo luminoso”
Mark Strand trans
Dentro do antilirismo -que nos conmove-, o surrealismo de Magritte -que nos converte en pipas- e unha narratividade que aplica a lupa sobre un feito aparentemente pequeno e intrascendente, estes 5 poemas de Mark Strand aparecidos en The Boston Review en abril do pasado ano. Textos que abanean entre o koan e a sátira, oSeguir lendo “Mark Strand trans”
notas ao programa da Orquesta Joven da OSG
A quen lle interesen as notas ao programa de man do concerto desta noite [9 de xaneiro de 2012] da Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia [en programa romanticismo e post-romanticismo: von Weber, Glière e Wagner] aquí as ten: Carl Maria von Weber O Cazador Furtivo-Obertura (1821) Unha das primeiras pasaxes que escoitaredes, tras oSeguir lendo “notas ao programa da Orquesta Joven da OSG”
poema 668 de Emily Dickinson
Non por casualidade este é o primeiro poema traducido que subo este ano. A autora, a coñecida Emily Dickinson, definira tamén a natureza como unha «Haunted House» -unha casa encantada- e á arte como «a House that tries to be haunted» -unha casa que intenta estar encantada-. Que savoir tan decimonónico, tan volta de torca eSeguir lendo “poema 668 de Emily Dickinson”
do texto ao téxtil: tradución de Christine Wilks, Fitting the pattern {1}
Un dos proxectos literarios en rede máis curiosos e fascinantes que atopei, compartino o pasado trimestre durante un curso de Literatura Dixital no Centro Sociocultural Ágora de A Coruña. Fitting the pattern, de Christine Wilks, un ir e vir na debandoira da memoria dunha filla de costureira. Un ir e vir do texto ao tecido,Seguir lendo “do texto ao téxtil: tradución de Christine Wilks, Fitting the pattern {1}”
abrigos, bufandas, neve, nais
A semana pasada, na charla de Andrés Neuman no Ágora arredor de Hablar solos, a súa última novela, apareceu citado polo propio Andrés e revoando no espazo en tebras da sala, un abrigo. Un abrigo e, detrás, unha nai. E por riba deles, cristais de neve. O verso que citou pertence aos Poemas en prosaSeguir lendo “abrigos, bufandas, neve, nais”
embrión
«O concepto de embrión é do máis asombroso e formar un embrión, a cousa máis difícil que farás na vida. Para chegar a embrión tiveches que construirte a ti mesmo dende unha célula única. Tiveches que respirar antes de teres pulmóns, dixerir antes de teres tripas, fabricar ósos cando eras carnoso e organizar toda unhaSeguir lendo “embrión”
Marilyn escribe escribe
Manuscritos de Marilyn Monroe, extraídos de Fragments: Poems, Intimate Notes, Letters. Tradución de E…E…Río coa colaboración de Mar Laredo Cordonié e Jose Fernández Cid. Con franqueza, hai algo voyeur aquí, unha vez máis. A cuestión é que non se trata de textos que teñan a vontade de seren expostos, publicados. Non son textos en si,Seguir lendo “Marilyn escribe escribe”