Eu Steven Alí

Hai un tempo dedicara no meu fotolog unha entrada a Emma, Emma es Encantadora, un agasallo de nadal que me fixera un tipo encantador co que vivo [nun cesto de serpes]. Trini Tinturé ou Purita Campos eran aquelas debuxantas [podo dicir iso, señoríos?] que poboaron a nosa preadolescencia de preciosas preadolescentes, de pretextos, de precocidade.Seguir lendo “Eu Steven Alí”

pinte un bisonte na caverna, por favor V

A primeira cita do 2008 na caverna do Centro On de Caixa Galicia dentro deste ciclo veu da man [enzoufada] do Branda. Branda, así sen anestesia, é showman. El non o sabe ou importálle un corno. Chego á caverna do Centro On e el xa leva un bo pedazo estilo Popeye perante a pantalla engaiolando,Seguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor V”

casa de citas VII

a imaxe é de Zena Holloway Todo canto fai está mal. Pero está mal dun modo cheo de talento. Un mestre de Debussy. Falando de Debussy Escoiten a versión do célebre Clair de Lune [Luar] desta adorable nonaxenaria húngara entre flores, gafas de moita dioptría, vestido de seda lunar e mans hiperpigmentadas. E agora calculenSeguir lendo “casa de citas VII”

conversas que levou o nordés

-abúrrome -de que? -de que que? – que de que te aburres, irmán -abúrrome do aburrimento -demasiado tautolóxico -abúrrome de ser un de tantos -demasiado esperábel -abúrrome de darlle voltas sempre ás mesmas cousas -demasiado posmodernuki -abúrrome destas vistas que quitan o alento -demasiado indolente -abúrrome de non ser un cabaleiro andante e ti oSeguir lendo “conversas que levou o nordés”

pinte un bisonte na caverna, por favor IV

Aconteceu o 20 de decembro. A sala-caverna encheu. As convidadas foron dúas. As dúas fotógrafas. As dúas manipuladoras das fotos. As dúas moi novas. As dúas cun talento e un estilo claros, irrebatíbeis. As dúas chegaron aos meus ollos antes que aos meus oídos a través de internet. Chegar a elas pola casualidade, tirando doSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor IV”

mil monos marchan

Igor Lugrís, un señor que se dedica no seu lecer a poñerlle constricións aos que se chaman poetas, desafía ao universo dende o seu blog. Primeiro foi o do cadáver exquisito. Unha morea de versos chuzados dende todos os recantos do globo, dior me perdoe o sutil paradoxo desta frase. Non contento coa proeza, agoraSeguir lendo “mil monos marchan”

calafríos musicais [chill in]

imaxe: Natalie Shau O lugar permanece átono. Ti sentas cuns auriculares. O teu corazón latexa como foi aprendido a facer. O sangue, que sería dun cobizado ton escarlata se poidésemos velo a través da pel, segue un traqueteo preciso, sen sobresaltos. Os pulmóns inflan e desinflan como pequenos flotadores azuis. Son a sede da tristezaSeguir lendo “calafríos musicais [chill in]”

ola… is there anybody out there?

Ola. Este é un saúdo para os que estean no Centro On nestes momentos lendo isto, aí, na cómoda escuridade, caladiños… Isto está escrito no pasado, co cal presupoño que estes momentos precisos son o futuro, e de aí que eu estea como é normal e esperábel, emocionada por estar escribindo neste meu pasado, oSeguir lendo “ola… is there anybody out there?”

o home imposíbel

Cafeteira para masoquistas. Porque habelos, hailos. Houbo unha vez un home que pensou cousas imposíbeis. Non soles saíndo polo oeste. Non neve ascendendo cara o ceo. Non varóns dando a luz. Non bestas compasivas das súas presas. Non xustiza social. Cousas que se nos poden vir aos miolos cando invocamos cousas imposíbeis. El matinou máisSeguir lendo “o home imposíbel”