base de datos: pregúntome

| base de datos: pregúntome | [spirit of curiosity] I Como a todo o mundo tamén me intriga se a nosa especie terá segunda temporada. Sucesivas edicións. Unha famosa secuela. Un to be continued/coming soon. Bueno, e eu que sei se isto lle intriga a alguén. Alguén haberá por aí, non?, preocupado por un posibleSeguir lendo “base de datos: pregúntome”

relacións con persoas ás que non coñeces

Hai uns anos pedíronme un poema que falase dun bico. Pedíamo un poeta malagueño ao que non coñezo [ aínda]: Julio César Jiménez. O libro era un deses, chamémoslles «crowdfundings líricos» que tanto se levaban [e se levan]: arredor dun tema dado polo compilador ou compiladora [aquí, o propio Jiménez], todos os colaboradores achegan algo.Seguir lendo “relacións con persoas ás que non coñeces”

mans arriba, estás aquí

/ emboscada / mans arriba, estás na Natureza espero que traias en orde o teu caótico instinto os teus pelos de mono o convenientemente crechos eh, son o bosque éntrame con tento témeme, uhuh son monte á noite e estouche nevando demóstrame o que hai en ti de curuxa iso de que para un alienSeguir lendo “mans arriba, estás aquí”

notas OSG baixo o signo de Saturno

Os vindeiros 24 e 25 de xaneiro han ser días rexidos por Saturno no Palacio da Ópera. A OSG vai meterlle o dente a un programa no que, ademais de memoria, soños e calentóns adúlteros, hai melancolía da boa, da que se cría filla de Saturno, da que se escribe melankholia e se cura a baseSeguir lendo “notas OSG baixo o signo de Saturno”

tecnoloxía disruptiva

/tecnoloxía disruptiva/ Ánimo. Neste mundo unha nace e se desnace coma se nada. Se sempre e se desempre cada dous por tres. Rómpese e desrómpese e a vida segue ás veces. Outras, garda elocuentes silencios. Fumea en neve. Desdise tinta. Aparécese en estómagos baleiros como un espectro de estrela que foi. Coma se nada. ASeguir lendo “tecnoloxía disruptiva”

notas para a Orquesta Joven da OSG: Mozart e Mendelssohn

O vindeiro 11 de decembro ás 20:30 a Orquesta Joven da OSG dirixida por Roberto González e con el mesmo como solista ao violín ofrece un repertorio que mostra naquilo que se traduce compoñer ás présas e por encarga [Mozart e as 3 ou 4 semanas do seu Titus] e compoñer demoradamente, sen agobios, baixo oSeguir lendo “notas para a Orquesta Joven da OSG: Mozart e Mendelssohn”

software libre para aproximadamente dominar o universo

Poema lido en Demasiados zapatos para unha Cincenta. Poesía e invención de identidades:novas poetas galegas, celebrado en Salamanca a semana das Letras Galegas, o 14-16 de mayo de 2007. Curso dirixido por Pedro Sierra e Germán Labrador. A versión traducida a castelán publicouse no blog peruano, Pelagatos alunados, en xullo de 2007 e en Letralia en xullo deSeguir lendo “software libre para aproximadamente dominar o universo”

a putada da lúa

:: a putada da lúa:: [teatro infantil con palabrotas e termos complicados de meteoroloxía] -Como quere que a chamemos? Selene? Tsuki? Lúa do Castor? – Lúa a secas está ben – Ben, señora… -Señorita -Señorita Lúa -Si -Que facía vostede o 13 de novembro de 2002 contra as 15:00 horas? -Non estaba -Como que non estaba.Seguir lendo “a putada da lúa”