Mon semblable, mon frère, criaturamecánica, desocupado lector, lembra isto: non te parezas demasiado a min, non queiras ser demasiado humano. A nosa especie acaba con todo aquilo que máis se lle asemella. Os neandertais hai entre 200.00 e 28.000 anos. Comezaron sendo eles, logo vós, logo case nós. Arestora, un xacemento de preguntas. Os chimpancésSeguir lendo “o simio asimilado”
Arquivo de categoría:macedonia
gatismo
Díxomedíxome: disque en internet [aka google] hai máis procuras de gatos que de cans. Lóxico, dende certa perspectiva: un internauta aseméllase máis a un gato que a un can, vive máis a cama que o campo, tende máis a esfinxe que a amasillo de pelo en movemento con filete de lingua colgando, desconfía máis queSeguir lendo “gatismo”
sindromía
A síndrome de inventar síndromes e procurarlles nomes engaratuxantes ou absurdos parece ser que aínda non ten nome. Ábrese a veda. Como todo o relacionado cos fármacos e químicas cerebrais, as síndromes chámannos a atención. Nunca tanta houbo. Dan ganas de ter unha. Sentímonos fatal se non nos identificamos con unha. Iso tamén debe deSeguir lendo “sindromía”
cara ao notebook marabilloso
Que á tecnoloxía lle lembren que nace dun papel ou dun par de mans acendendo unha lumieira, emociónalle. É normal. A tecnoloxía ten o seu corazonciño. É geek, a tecnoloxía. Polo tanto mal gusto sentimental tamén ten. A tecnoloxía. O seu corazonciño. Evelien Lohbeck é unha muller nova, holandesa, supoñemos que bonita, da terra doSeguir lendo “cara ao notebook marabilloso”
mensaxes moi privadas
A xente que me coñece [define coñecer] sabe que, ademais da odalisca dos botes de pementón e que me rañen no lombo, unha das cousas que máis me prestan é conducir de noite pola autoestrada. Hai algo nas autoestradas. Algo hipnótico nas autoestradas. Algo orbital na autoestradas. E algo argumental nas autoestradas. Un fío intermitente. Seguir lendo “mensaxes moi privadas”
lite mons
…todo canto non sexa monstroso énos raro.
diríase que
Hoxe 12 de abril de 2009 expoño que hai dúas teorías/conspiranoias contra as que creo ter argumentos. Conspiranoia 1: iso de que o home pisou a lúa é unha montaxe. E de Kubrick, ademais. Contraargumentación: os rusos foron os xenuínos frikis do espazo. A mellor literatura de ciencia-fición cósmica procede de Rusia [ou arredores soviéticos].Seguir lendo “diríase que”
saturnais
Consulto a Guía do Ceo que collín na Casa das Ciencias a última vez que fun ao Planetario e o planeta protagonista deste mes segue a ser Saturno. No ceo. Rozando a eclíptica. Consulto Psicoloxía da cor, o libro de Eva Heller que metaboliza os alimentos comigo en min nestes días, e vexo que SaturnoSeguir lendo “saturnais”
o segredo do kosmos
O segredo do cosmos? O segredo do cosmos? Ben, o segredo do cosmos vóuvolo contar. Arreconchegádevos. O segredo do kosmos é… BANG!BANG! Arghh!!!
os simuladores: de Parrasio a Xoán Fontecuberta
Moito nos presta que nos lembren que todo é simulacro. Que somos simulacións, emulacións ou criaturas inventadas como personaxes dunha ficción. En xeral, cáenos ben iso. Non sei se ten a ver co neobarroquismo actual, coa crise, con que en concreto. Só sei que sabernos un pouco fatuos, un pouco vítimas da ilusión reméxenos aSeguir lendo “os simuladores: de Parrasio a Xoán Fontecuberta”