A editorial DVD pedíume que colaborase na súa páxina web cunhas antifelicitacións navideñas que irán pendurando ao longo dos vindeiros días celebraticios. Non son moi de Christmas carols malia, por levar a contra, estas festas non me disgustan: gústanme a neve, o inverno, os beléns, as luces, as estrelas de Oriente, os mazapáns e oSeguir lendo “naviz felidal”
Arquivo de categoría:macedonia
teño teño teño
Teño unha amiga que xoga ao póquer; un amigo que coordina unha ONG; outro que traballou de boy; outra que cambiou a vida urbana pola rural nunha casa con framboesas dende a que se ve Monçao; teño un amigo topógrafo que me leva a ver a neve e pensa silabicamente en haikus; teño un irmánSeguir lendo “teño teño teño”
omoplatas
Un día, fun a unha exposición de Branda: un dos cadros era a parte de atrás dun lenzo. Outro día, fun a unha exposición de Pablo Gallo: moitos cadros eran paisaxes urbanas sen xente nin coches. Tamén había outros con vísceras flotando sobre xente ou animais. Dun modo intuitivo, todas esas imaxes ilustraban o que Seguir lendo “omoplatas”
costas
Pensei en escribir un texto, un poema ou un texto tipo conto, dos que estou facendo últimamente, levo anos con eses contos no lombo, contos que falan de ir contar algo sen chegar a facelo nunca. Pois ben. Un deses. Ou un poema. Os poemas son incómodos, a xente non os dixire ben, acéptaos porSeguir lendo “costas”
polaroides perdidas
Se o noso coleccionismo fotográfico entra dentro da categoría dunha hybris, dun desafío arrogante á memoria cósmica, daquela xa sei cal é a súa peor némese: que un mesmo -e non un incendio, un tsunami, unha deusa ciumenta ou unha parella furiosa- se encargue da desaparición de moitos dos seus enxendros. É dicir, fotos. ESeguir lendo “polaroides perdidas”
apostasía
O verdadeiro núcleo duro en todo isto radica na ostentación de autoridade moral, de integridade, de discurso válido do must be. O fondo, os contidos, pérdense no abismo. A cuestión aquí é que non podo evitar detestar e desprezar aos ostentadores de autoridade moral porque iso é o máis parecido á Igrexa que existe: aSeguir lendo “apostasía”
memoria para enxertos futuros IV
Non esquezas isto: textos forenses. Descuartizados. Esgazados. Falar dun texto estando dentro del, adoptar ese perspectivismo. Iso é. Isué. Todo o demais non paga a pena. Esa achádega, si.
Cabiria Hipnotizada
felicidade clandestina
Clarice Lispector. Ucraína e brasileira. Unha especie de oxímoron andante, escribinte, silandeiro. Arelante. Os textos de Clarice teñen algo de aparición no alto das escaleiras. Sobrecollen un pouquiño. Ás veces. Este é un dos contos que máis tardei en esquecer escrito por ela. De feito, polo de agora non logrei esquecelo nunca. Iso é moitoSeguir lendo “felicidade clandestina”
blogtroll
Nos últimos tempos un troll visitou este blog e logo paseou por outro coa mesma cantilena. Claro que o segundo blog era “da mesma póla” ou seica compartían sombra e non pasou nada. Que queren que lles diga, critíquenme ou non, non me van os trolls. Nin que dicir dos curas [cu (ltu)r(et) as] queSeguir lendo “blogtroll”