no IES Miraflores

O pasado mes de marzo, dentro dos actos do día internacional da poesía, pasei unha estupenda mañá cos alumnos, alumnas e profesoras do IES Miraflores de Oleiros [A Coruña] e agora sempre lembro deles cada vez que miro unha das miñas cuncas para o almorzo [co logo do seu instituto, o fermoso deseño dunha alumna:Seguir lendo “no IES Miraflores”

as científicas que…

Dende o pasado 8 de marzo até finais de maio Cápsulas de son vén sendo unha serie de 13 episodios que se emite en Radio Voz todos os luns a partir das 13:30 tras outras tantas entrevistas a mulleres que traballan no eido da biomedicina. A temática das cápsulas versa sobre mulleres inquisitivas que non dubidaron en remangarseSeguir lendo “as científicas que…”

Notas para a OSG: Mosquera, Chaikovski, Saint-Saëns, Prokofiev

Esta noite, 18 de abril, catro pratos de primeira para a Orquestra Sinfónica de Galicia: o coruñés Federico Mosquera, Chaikovski, Saint-Saëns e Prokofiev baixo a dirección de Dima Slobodeniouk e con Natalia Gutman no violonchelo. Aquí as notas que escribín: FEDERICO MOSQUERA (1986) Rituales y sortilegios (2014) Coñecín a Federico Mosquera hai algúns anos. El era un adolescenteSeguir lendo “Notas para a OSG: Mosquera, Chaikovski, Saint-Saëns, Prokofiev”

número e

Deixo nesta entrada un poema dun libro que para min foi conflitivo, persoalmente: «número e». Obtivera o X Premio Espiral Maior en 2001, hai 14 anos. Publicouse 3 anos despois, tras unha crise, a crise. Crise co libro, cos libros, non sei eu moi ben con que. Non estaba satisfeita de todo e deille moitas voltas, pero moitas.Seguir lendo “número e”

unha ópera perdida na fronde

La Fida Ninfa, de Antonio Vivaldi O vindeiro 21 de abril á Coruña, en versión concerto, chega esta ópera non moi coñecida do veneciano Antonio Vivaldi. Velaquí as notas ao programa, sinopse argumental e traducións dalgunhas arias que escribín.  Barroco a morte. Máis notas desconcertantes aquí ANTONIO VIVALDI (1678-1741) La fida ninfa (1732)   Unha ópera perdidaSeguir lendo “unha ópera perdida na fronde”

poema sobre zombies

Nas estatísticas da páxina vexo a xente que busca poemas asociados ao meu nome por aquí e máis ou menos comprobo se a procura é ou non é frutuosa. Poemas sobre matemáticas, sobre física, sobre curiosidade, sobre música, cyborgs, autómatas, identidade ou biónica… e ultimamente hai alguén que procura o poema sobre zombies que escribínSeguir lendo “poema sobre zombies”

«Prefiro o cero soíño / aos que fan cola nunha cifra»

Posibilidades Prefiro o cine. Prefiro os gatos. Prefiro carballos ás beiras do Warta, Prefiro Dickens a Dostoievski. Prefiro que me guste a xente a amar a humanidade toda. Prefiro levar agulla e fío, non vaia ser. Prefiro a cor verde. Prefiro non afirmar que a razón ten a culpa de todo. Prefiro as excepcións. Prefiro marcharSeguir lendo “«Prefiro o cero soíño / aos que fan cola nunha cifra»”

Pílulas de biomedicina

En conxunto co Centro de Investigación Biomédica en Red [CIBER] , a dra. Joana Magalhães leva adiante un proxecto audiovisual e de divulgación biomédica, patrocinado pola FECYT, centrado nun punto quente interesante: a visibilización das mulleres no campo da investigación en biomedicina. Fomos educadas nunha sociedade na que a muller participaba activamente en ciencias da saúde, maisSeguir lendo “Pílulas de biomedicina”