aquófono de bambú para escrita no ceo

Esta tarde, ás 18:30, repetimos na Biblioteca de Los Rosales de A Coruña o recital-concerto …escrita no ceo: que presentáramos en xaneiro no Planetario de A Coruña. Unha lectura de textos e cancións sobre o ceo, pero baixo o ceo: esta vez o do refuxio dos libros. Haberá outras sorpresas, outros regalos e outros textos e, sobreSeguir lendo “aquófono de bambú para escrita no ceo”

moito máis Sagan en galego

«A verdade pode ser desconcertante. Pode que leve algo de traballo roela. Pode ser contraintuitiva. Pode contradicir prexuízos arraigados ben no fondo. Pode non encaixar co que desesperadamente queremos que sexa certo. Pero as nosas preferencias non determinan o que é certo. Temos un método e tal método axúdanos a acadar non a verdade absoluta, tan só aproximacións asintóticasSeguir lendo “moito máis Sagan en galego”

dous poemas máis de Wislawa Szymborska

A man Vintesete ósos trinta e cinco músculos unhas dúas mil células nerviosas en cada xema de cada un dos cinco dedos. Máis que abondo para escribir Mein Kampf ou Winnie the Pooh. de Até aquí, 2013 Fillas da época Somos fillas da nosa época e a nosa época é política. Todas as túas, nosas, vosasSeguir lendo “dous poemas máis de Wislawa Szymborska”

as preguntas do asombro

[post publicado neste blog o 31 de xaneiro de 2013] As preguntas do asombro teñen algo desa inxenuidade quen de nos facer sentir ridículos, do lado dos timados e non dos golfos, lado que, por medo a que se nos tache dos outros, se nos alenta a ocupar. Como se non houbese máis que esas dúas opcións noSeguir lendo “as preguntas do asombro”

soños de sapiens

Esta é a crónica que escribín hai unhas semanas para a Marea da Cidade Vella dentro da iniciativa cidadá Marea Atlántica. As fotos son de Sandra G. Rey. Podes ler máis da marea, as súas iniciativas, asembleas, propósitos e vindeiras convocatorias, aquí: http://www.mareatlantica.org Por ESTÍBALIZ…ESPINOSAMarea da Cidade Vella Igual en materia de soños moi orixinaisSeguir lendo “soños de sapiens”

levantarnos Leviatán [II]

Hai un ano [3 de setembro de 2013] escribía esta entrada pola noticia da «baixada» do paro. Hoxe amencemos coa noticia de que o Goberno parece recuar ante o proxecto de lei do aborto de Ruiz Gallardón [todo sexa por mellorar as estatísticas, por lavar a cara, non porque as miles de mulleres prexudicadas porSeguir lendo “levantarnos Leviatán [II]”

limiar de As paisaxes eléctricas

Está a piques de saír do prelo o libro gañador do XXVI certame de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, do Concello de Dodro, o do ano 2013. A gañadora foi Cristina Ferreiro, que leva publicados varios volumes de poesía como A extinción dos harmónicos [adoro ese título], Ansiedade e planetas ou Abecedario póstumo. Ela suxeriume un limiar paraSeguir lendo “limiar de As paisaxes eléctricas”

Veus paral·leles, por Clàudia Rius

Corto e pego o artigo publicado na revista dixital catalana Nùvol sobre o recital final no Centre Cultural Born de Barcelona do ciclo «Veus paral·leles. De Fisterra al Cap de Creus», asinado pola xornalista Clàudia Rius [@ClaudiaRiusL] o pasado 8 de xullo. Veus paral·leles: Habita’m hui per si demà les hores escampen com la boira ClàudiaSeguir lendo “Veus paral·leles, por Clàudia Rius”

Strauss e as súas XX

Pasou un verán recheo. Ana chegou nos Gavieros que cruzaron a península no solsticio de verán, de Cabo de Gata a Cabo de Fisterra, para ver saír e poñerse o mesmo sol no mesmo día. Logo foron as Veus Paral.leles polos Països Catalans. A visita de Venezuela. A viaxe a ver -por fin- as mansSeguir lendo “Strauss e as súas XX”

lirismo tipo Feynman

Fragmento de Richard Feynman, do relatorio «O valor da ciencia» Orixinal en inglés, artigo completo Tradución de E…E… Río Pensei nestas cousas tantas veces estando só que agardo me desculpen se lles traio á cabeza pensamentos que con certeza todos vostedes tiveron algunha vez -ou xusto esta clase de pensamento- e que nunca puido ter ninguén noSeguir lendo “lirismo tipo Feynman”