non deixa de resultarme curioso que

Curioso que a poesía sexa unha puta denostada, unha pesada que ninguén quere, facilona, aborrecida, sempreigual, sempreviva, sempremorta, clasicota, infumable, impresentable, obxecto do mecenado de catro guillados. Isto é así para moitos novelistas, editores, protésicos dentais e mesmo poetas. A poesía ten que ser outra cousa, debe selo: debe transmutar. Imperativamente. En publicidade, en videopoesía,Seguir lendo “non deixa de resultarme curioso que”

música reptiliana

Dende a revista dixital Sono-Tone pedíronme unha lista. Os 10 temas da miña vida. [inclúo o artigo xa que o link da revista desapareceu: Resúltame claustrofóbico elixir 10 temas. Daí que, deslizados nos comentarios, vaian moitos máis. E agora que vexo o decálogo rematado e comprobo que non puxen nada dos Beatles nin dos CureSeguir lendo “música reptiliana”

pensamentos silenciosos no mar do Norte

Coñecín a Bei Dao, unha illa silenciosa no mar do Norte. Sentou nunha mesa con 7 ou 8 persoas máis. Unha mesa pequena, diante dun público. Eu era público. Na mesa foron falando todos -todos- durante máis dunha hora ata chegar a el. El era o elemento máis exótico da mesa, o convidado especial. SenSeguir lendo “pensamentos silenciosos no mar do Norte”

do outro lado da liña

Escribir un texto a partir dunha foto. Unha foto tomada en Bos Aires. Escribir un texto para un libro colectivo con autores de Bos Aires. Galegos e porteños. Unidos nese pequeno confín de algo que é un libro. Nós, inmortalizados nos seus chistes de brutos descerebrados, no Galo Porriño de Los Premios e no ManolitoSeguir lendo “do outro lado da liña”

o simio asimilado

Mon semblable, mon frère, criaturamecánica, desocupado lector, lembra isto: non te parezas demasiado a min, non queiras ser demasiado humano. A nosa especie acaba con todo aquilo que máis se lle asemella. Os neandertais hai entre 200.00 e 28.000 anos. Comezaron sendo eles, logo vós, logo case nós. Arestora, un xacemento de preguntas. Os chimpancésSeguir lendo “o simio asimilado”