Este ano, 2015, fará 10 anos que abrín un blog. En setembro. Hai que celebralo? Non, para nada, pero eu vou celebralo. Toda celebración ten un punto moñas de nostalxia ou coitelada de álbum de fotos vellas. Empezarei por aí. Por exemplo: en 2010 abrín unha desas contas formulario, chamada formspring [equivalente ao ask.fm de hoxe] nasSeguir lendo “«Brincar neste baile de máscaras… Cómo sobrevive»”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
da antimateria á materia
Para Guillermo Espinosa, sempre da antimateria á materia Se os soños nocturnos teñen unha función semellante aos diúrnos, daquela serven en parte para preparar aos humanos para calquera posibilidade L. Wittgenstein Sempre que soño con ela, a miña amiga S. pregúntame se saía guapa no soño. No desta noite saías ti. E debo dicir queSeguir lendo “da antimateria á materia”
outroras
| outroras | Que levante a man quen non se sinta fóra de tempo algunha vez. Por exemplo: máis contemporánea de Lucy, a australopitheco, que dos seus colegas de traballo. Cóbado con cóbado cos estromatolitos de hai 3.000 millóns de anos: hai días en que nos erguemos así. Pensas que Voltaire te había entender de perlas.Seguir lendo “outroras”
poema de amor dunha autómata
A morte de Luísa Villalta foi unha das primeiras ás que non quixen dar creto. Logo fun vendo que a vida está como balizada de perdas ás que non se quere dar creto. Nunca as tragamos de todo. Fican aí, nun limbo de incerteza. Nunha escaleira de Penrose, que leva a si mesma todo o tempo. Nunha caixa dunSeguir lendo “poema de amor dunha autómata”
cando coñeces a súa historia
«Malia tanto progreso, a linguaxe segue a ser o nexo característico da nosa humanidade; é alí onde se asentan o noso saber e a esperanza. É o requisito previo da tenrura humana, máis poderosa ca espada pero tamén infinitamente máis sutil e, en última instancia, máis imperiosa. Lembremos que escribir calquera cousa vólvea real; que é case imposible odiar aSeguir lendo “cando coñeces a súa historia”
«arrasemos en silencio […] /toda esa profanación do que significa o común»
Hai 4 anos escribira un texto, publicado logo en Dorna, e que forma parte desa compilación que non dá saído, «curiosidade» [debe de ser o libro que máis honor fai ao seu título dos que escribín e escribirei nunca: unha curiosidade que non dou saciado]. Sexa como for, o poema chamábase ira len/ta. Dalgunha maneira, pero eu non tiña ninSeguir lendo “«arrasemos en silencio […] /toda esa profanación do que significa o común»”
soños de sapiens II
Hoxe, o histórico 25 de maio de 2015 neste país, lembro esta crónica dunha xuntanza mareante, a que instaurou a Marea da Cidade Vella, celebrada o 3 de setembro de 2014. Naquela altura, a Marea Atlántica levaba poucos meses xestándose no ventre do horizonte, chea de voces, mans, ollos, brazos e cerebros dándose coa palabra, a invención,Seguir lendo “soños de sapiens II”
Antònia Font en galego profundo
Algúns temas do grupo mallorquino Antònia Font traducidos a lingua d’aquí. Nalgúns dos vídeos soan as cancións orixinais mentres que outros recollen as versións da súa actuación no Gran Teatre del Liceu de Barcelona en 2008, canda a New Royal Cuatro Quesos Philarmonic Orchestra. Dins aquest iglú Es meu desert, sempre es meu desert, ses flors són margalides.Seguir lendo “Antònia Font en galego profundo”
O que diría Feynman ante un bo mencía
Fragmento de Charlas de Física, de Richard Feynman. Lin este anaco en Escrita no ceo, no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, e dende entón lembro del -por moito que a derradeira frase convide a esquecer- en canto teño diante un vaso de viño. Estes fragmentos de Feynman que escollo para traducir atráenme porque, ademais deSeguir lendo “O que diría Feynman ante un bo mencía“
sapiens-paxaro
Esta era Pequena Gran Houdini, a cría de paxaro -sempre crin que andoriña, pero xa nin sei- que atopara en plena Córdoba, no festival literario Mapa Poético 7.0, en 2005 e que, sen ter sabido todo iso que se explica no diagrama de fluxo de abaixo, adoptei, me trouxen a Coruña desafiando non só o sentido común:Seguir lendo “sapiens-paxaro”