o raio de neutrinos que atravesa os libros

Ségueme fascinando o esforzo en facer crer que as decisións que concernen a cuestións humanas [como as literarias, por exemplo] obedecen a criterios que nada teñen que ver co social. Lémbrame a esas ideas do señor Bloom, Harold Bloom, o teórico e crítico literario, que viñan querer dicir pouco menos que a esencia literaria éSeguir lendo “o raio de neutrinos que atravesa os libros”

pétalos, abellas, mastectomía. Robert Hass

Unha historia sobre o corpo Robert Hass Tradución  Estíbaliz Espinosa O mozo compositor, que traballaba ese verán nunha colonia de artistas, levaba unha semana observándoa. Era xaponesa, pintora, duns sesenta, e el cría que namorara dela. Encantáballe a súa obra, e a obra era o modo no que movía o seu corpo, usaba as mans, ollábaoSeguir lendo “pétalos, abellas, mastectomía. Robert Hass”

o curso dun poema de Raymond Carver

Onde a auga se une a outras augas Raymond Carver Tradución de E. E. Río Adoro os regueiros e a música que fan. E as correntes, entre devesas e claros, antes de escolleren devir regueiros. Adóroos sobre todo polo seu sixilo. E case esquezo das fontes! Hai algo máis fermoso ca un manancial? Pero asSeguir lendo “o curso dun poema de Raymond Carver”

notas para a Orquesta Joven da OSG: Mozart e Mendelssohn

O vindeiro 11 de decembro ás 20:30 a Orquesta Joven da OSG dirixida por Roberto González e con el mesmo como solista ao violín ofrece un repertorio que mostra naquilo que se traduce compoñer ás présas e por encarga [Mozart e as 3 ou 4 semanas do seu Titus] e compoñer demoradamente, sen agobios, baixo oSeguir lendo “notas para a Orquesta Joven da OSG: Mozart e Mendelssohn”

un poema de Mahmud Darwish

Unha cantiga e o Sultán Mahmud Darwish Non era máis que a descrición do estouro da chuvia e farrapos de alustro que calcinaran o segredo das árbores… logo por que se opuxeron a ela? Cando dixo que algo distinto a estas augas discorre polo río e que as xentes da beira son estatuas e cousasSeguir lendo “un poema de Mahmud Darwish”

software libre para aproximadamente dominar o universo

Poema lido en Demasiados zapatos para unha Cincenta. Poesía e invención de identidades:novas poetas galegas, celebrado en Salamanca a semana das Letras Galegas, o 14-16 de mayo de 2007. Curso dirixido por Pedro Sierra e Germán Labrador. A versión traducida a castelán publicouse no blog peruano, Pelagatos alunados, en xullo de 2007 e en Letralia en xullo deSeguir lendo “software libre para aproximadamente dominar o universo”

a putada da lúa

:: a putada da lúa:: [teatro infantil con palabrotas e termos complicados de meteoroloxía] -Como quere que a chamemos? Selene? Tsuki? Lúa do Castor? – Lúa a secas está ben – Ben, señora… -Señorita -Señorita Lúa -Si -Que facía vostede o 13 de novembro de 2002 contra as 15:00 horas? -Non estaba -Como que non estaba.Seguir lendo “a putada da lúa”

lingua sobre sexo

Nunha entrevista colectiva de hai pouco sobre o tema de Rosalía, comentei esta cuestión que coido non apareceu logo na versión final da entrevista, como tantas outras cousas que se adxudicaron equivocadamente ou quedaron no tinteiro. A razón pola que Rosalía me parecía unha ousada xenial  e unha ousada diría que enfermiza [tanto en CantaresSeguir lendo “lingua sobre sexo”

voyagers

1977 foi un bo ano. Fixen a miña primeira viaxe en avión. Comín xeados de dúas bólas. Bañeime moito. Vin medusas. Non me preocupaba amor ningún. Disfracei de xaponesa na gardería. Supoño que aprendín a agarrar un lapis. Mercáronme unha preciosa camisa vermella nun mercadillo de Marbella. Entrei nas covas de Nerja. Lembro cantar en todasSeguir lendo “voyagers”