Alguén entre onte e hoxe foi o visitante 100.000 desta páxina. Un chimpo de agradecemento sobre os campos espigados. .
Arquivo de categoría:macedonia
abismo luminoso
Todos somos criaturas abisais :: Non é a nosa a presión dunha masa de auga :: senón a dunha masa viva de seres En ocasións o abismo torna luminoso :: ascendemos á superficie :: bioluminiscencia :: cremos no noso corpo e na súa :: forma orixinal Redonda :: un peixe lúa :: un globo inflado ::Seguir lendo “abismo luminoso”
notas ao programa da Orquesta Joven da OSG
A quen lle interesen as notas ao programa de man do concerto desta noite [9 de xaneiro de 2012] da Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia [en programa romanticismo e post-romanticismo: von Weber, Glière e Wagner] aquí as ten: Carl Maria von Weber O Cazador Furtivo-Obertura (1821) Unha das primeiras pasaxes que escoitaredes, tras oSeguir lendo “notas ao programa da Orquesta Joven da OSG”
abrigos, bufandas, neve, nais
A semana pasada, na charla de Andrés Neuman no Ágora arredor de Hablar solos, a súa última novela, apareceu citado polo propio Andrés e revoando no espazo en tebras da sala, un abrigo. Un abrigo e, detrás, unha nai. E por riba deles, cristais de neve. O verso que citou pertence aos Poemas en prosaSeguir lendo “abrigos, bufandas, neve, nais”
instinto reflexos Marilyn
Máis que de calquera escritora do século XX, máis que de Virginia Woolf, de Clarice Lispector, de Alice Munro, Chus Pato, Joyce Carol Oates, Natalie Angier, Teresa Moure, Luísa Villalta, María Moliner, Anna Ajmátova, Jeanette Winterson, Marilar Aleixandre, Luisa Castro, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute ou Ana Romaní… e por non ser exhaustiva aíSeguir lendo “instinto reflexos Marilyn”
afiuzarse poemas
Levo un tempo publicando poemas soltos aquí, poemas que non conforman libro ningún. Algúns porque quedaron fóra dos libros que foron a imprenta, outros porque se escribiron despois. Sei de certo que, como estratexia, publicar poemas nun medio como é un blog propio parecerá bastante miope. Mesmo adianto títulos de libros, proxectos, traducións en marcha,Seguir lendo “afiuzarse poemas”
un poema de Jean-Pierre Siméon
Grazas a Paula Luis González pola descuberta de Jean-Pierre Siméon e as palabras simples para as ideas conmovedoras. A diferenza Jean-Pierre Siméon, La nuit respire tradución a galego de Estíbaliz Espinosa Para cada un unha boca dous ollos dúas mans dúas pernas Nada se asemella máis a un home que outro home Entón entre aSeguir lendo “un poema de Jean-Pierre Siméon”
a greve estivo viva, viva a greve
A greve estivo viva. Viva a greve. Lisquen quen as motivan. 15M 25S 14N
os Sonigramas do Diario Cultural
Acabo de ser algo que non adoita prestar moito: xurado. Mais neste caso, foi con gusto, rápido e sen anestesia. Os Sonigramas do Diario Cultural da Radio Galega propoñen o que podemos chamar unha cápsula de sons para crearmos a partir dela unha cápsula de texto. Tocoume o Sonigrama #63, unha viaxe polas estepas chino-rusas atéSeguir lendo “os Sonigramas do Diario Cultural”
un sci-fi texto cada vez menos sci-fi
[ este mesmo poema aquí publicado pode lerse en castelán no libro colectivo Alquimia de la Tierra, da Universidade de Huelva, e no blog abra la cápsula, por favor, clicando sen preguiza aquí mesmo, aquí: clique] Nestes días saíu á prensa esta nova: http://noticias.lainformacion.com/ciencia-y-tecnologia/astronomia/descubren-una-supertierra-potencialmente-habitable-y-relativamente-cerca_Yyr9HJQyeL5zicRclEX9T1/ E, os 6500 millóns, todos a unha, nun mesmo clamor -utopías, aSeguir lendo “un sci-fi texto cada vez menos sci-fi”