Curiosidade, empatía e o cerebro común de literatura e ciencia

No suplemento ProTexta da revista Tempos Novos nº 213, a correspondente ao mes de febreiro, incluíron -ademais dunha fantástica entrevista a Gonzalo Hermo por «Celebración» entre outras cousiñas – un artigo que asinei e ao que titulara, inxenua de min, «Curiosidade, empatía e o cerebro común de literatura e ciencia». Digo inxenua porque o curioso campaba fóra do título: resultaSeguir lendo “Curiosidade, empatía e o cerebro común de literatura e ciencia”

Hopper, unicornia do código na ciencia da computación

Nesa curiosa historia da computación -cómo darlle ordes a unha máquina para que faga algo soa, esa cibernética ou «arte do temoneiro» que carimbou Norbert Wiener-, Ada Lovelace é luminosa e inaugural. Sabemos, si. Pero ás veces parece que queda como ese cromosoma «XX» de figura romántica -filla de quen era: Lord Byron, aínda que sen relaciónSeguir lendo “Hopper, unicornia do código na ciencia da computación”

lentes gravitacionais de contacto

| 2 haikus | En la caverna un hombre de alta mira pinta lo que ve. Sobre la acera descubres la Rayuela. No pases. Juega. 1985 Guillermo J. Espinosa Río [xaneiro 1965-decembro 2014] | 3 haikus sen con tacto | Sol de xaneiro. Chisco os ollos nun xesto do meu irmán. Choven Xemínidas. Meteoros falan por ti senSeguir lendo “lentes gravitacionais de contacto”

Notas ao programa da OSG: Sibelius, Rossini, Stravinski e Ravel

Notas ao programa 9 do mes de xaneiro de 2015. Sibelius, Rossini, Stravinski e Ravel en concerto. Todas as notas ao programa podes lelas clicando aquí. JEAN SIBELIUS (1865-1957) Finlandia (1899) Hai 100 anos Finlandia non era un país. Coñecíase como Gran Ducado de Finlandia e formaba parte do Imperio Ruso. O poema sinfónico opusSeguir lendo “Notas ao programa da OSG: Sibelius, Rossini, Stravinski e Ravel”

«Vamos, universo! Infinito, case baleiro e medio imbécil! Dáme a enerxía toda!»

Hoxe que por fin irei ver «Interstellar» sen que a persoa que me deu parte da vida estea xa sobre esta Terra, aproveito para deixar aquí o poema que escribín para «Serial», o derradeiro proxecto literario no que colaborei con outra criatura esencial que nos deixou [e sinto que me deixou] este ano. Un mal ano para un fermosoSeguir lendo “«Vamos, universo! Infinito, case baleiro e medio imbécil! Dáme a enerxía toda!»”

traducións de mulleres de Strauss

ARIAS , DUETOS E TERCETOS DE MULLER RICHARD STRAUSS [1864-1949]  traducións do concerto «As mulleres de Strauss» dentro da Temporada Lírica da OSG, 13 de setembro de 2014  Tradución: Estíbaliz… Espinosa podes ler as notas ao programa aquí e aquí e aquí ARIADNA EN NAXOS [1912] « Großmächtige Prinzessin, we verstünde nicht…» ZERBINETTA Poderosa e gran princesa,Seguir lendo “traducións de mulleres de Strauss”

omertá

A revista eñe no seu número de outono leva dentro o conto gañador [«Famous Blue Raincoat», de Aixa de la Cruz] e os nove finalistas desta edición do premio de relato Cosecha Eñe [Walter H. González, Manuel Crespo, Alejandro Morellón, Río, Alberto Haj-Saleh, Luis Bagué, Silvina Chague, Miguel Ángel Muñoz e Miguel Sanfeliu]. Entre os finalistas, unSeguir lendo “omertá”

as obras e as substancias en sangue

As obras de calquera época e lugar quizais se comprenden mellor se curioseamos un chisco nas substancias psicoactivas, alucinóxenas, estimulantes ou depresoras que se levaban durante o contexto da súa xestación e, en concreto, as que levaba o autor ou autora no peto da chaqueta ou no caixón da mesiña de noite. Debería haber un catálogo,Seguir lendo “as obras e as substancias en sangue”

poñérmonos estupendas no Museo Valle-Inclán

Imaxina que, por un esguince do espazotempo, mañá apareces de súpeto paseando poñamos por caso pola Pobra do Caramiñal, A Coruña. Sen moito rumbo fixo. Igual os teus pasos lévante, así nun repente, á Casa Museo de Valle-Inclán. Alí imos estar nós, por cousas da vida. Por nós quero dicir: un pianista, un aquofonista-percusionista eSeguir lendo “poñérmonos estupendas no Museo Valle-Inclán”

Notas ao programa da OSG : Sibelius e Montsalvatge

O pasado 17 de outubro, a Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, ofreceu un menú de nacionalidades en conflito: por un banda, o finés Jean Sibelius que vive e participa activamente no proceso de independencia do seu país, naquela altura aínda parte do Imperio Ruso e con grande influencia sueca; porSeguir lendo “Notas ao programa da OSG : Sibelius e Montsalvatge”