Pido perdón a todas as persoas que agardan artigos e outras cousas de min estes días, que son moitas. Teño tal tensión enriba polas encargas que o meu xeito de liberala é procrastineando a través de traducións inesperadas, que me pide o corpo de repente, unha especie de compulsiva masturbación mental. Os artigos seguen adianteSeguir lendo “vinganza- Sparklehorse&Danger Mouse”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
anatomía para dummies- Ana Santos [Ana Gaviera]
| anatomía para dummies | a p comezar de novo volver á nenez ás primeiras clases de anatomía recoñecer o corpo renomear o baleiro sentir que a saudade e a dor esfúmanse e fican os órganos e as veas volver a empezar volver ao corpo estudar anatomía para te recoñeceres e te sentir outra volverSeguir lendo “anatomía para dummies- Ana Santos [Ana Gaviera]”
museo de cancros- Luna Miguel
Museo de Cancros (Por iso amputarán os teus pés. Por iso selarán os teus ollos con anacos de mapas antigos. Por iso pronunciarán o teu nome na celebración do páncreas. Comprendes? Por iso o útero é máis escuro -intestino e córnea-. Por iso amputarán o rezo. Comprendes?) -Luna Miguel Santos: viva / cancro de azucreSeguir lendo “museo de cancros- Luna Miguel”
porno- Dorothea Lasky
Hai uns días, The Paris Review publicaba un avance de Rome, vindeiro poemario de Dorothea Lasky, poeta norteamericana á que coñecín pola antoloxía bilingüe Vomit, de Luna Miguel editada por El Gaviero; Lasky abre o libro e gustoume especialmente por darse aos versículos longos nesta era na que todo o mundo busca con obstinación o poema máis curtoSeguir lendo “porno- Dorothea Lasky”
nin unha palabra máis alta que outra
Sobre estes versos dados de Rosalía, e para outra proposta colectiva en torno aos Cantares Gallegos: Cando foi, iba sorrindo, cando veu, viña morrendo; a luciña dos meus ollos, o amantiño do meu peito …saíume isto: >Nin unha palabra máis alta que outra< Circulen. Vaian sorrindo ordenadamente. Vaian morrendo sen perder pé. Por favor, oSeguir lendo “nin unha palabra máis alta que outra”
television- de Todd Alcott
Televisión Mírame. mírame. Mírame, mírame, mírame. Mírame. Non non non, non mires para aló, non hai nada que ver aló, mírame, mírame, mírame. Estás mirándome? Está todo o mundo mirándome? Teño a vosa atención? Ben. Non te equivoques comigo. Non trato de controlar a túa vida. Necesitas o que? Que necesitas? A ver, que necesitas?Seguir lendo “television- de Todd Alcott”
poeta no meu peto- Grant Snider
Un día atopei un poeta agochado no meu andel. Crin que era un trasno ou algún elfo contrariado. Pedinlle tres desexos: el declamoume un cuarteto. Pedinlle o ouro ao final do arco da vella: ficou quieto, admirando a choiva. Gárdoo no peto. Moito non me pide. Farangullas, gotas de orballo cun chisco de gin, oSeguir lendo “poeta no meu peto- Grant Snider”
Bukowski, vai calando xa
Se algo che queima a alma cun propósito e devezo, é o teu deber deixar que te reduza a cinzas. Calquera outra forma de existencia será outro libro insulso máis na biblioteca da vida. Charles Bukowski Vida, literatura e lume. Xa. Máis traducións deste home aquí.
oda a unha flor | Richard Feynman
Imos ver: Richard Feynman parecía un tipo simpático, un físico con riso de fauno tocando os bongós e se cadra tamén un pouco os collóns á comunidade científica universitaria, e un profesional serio no que concerne ás relacións a nivel subatómico, electrodinámica cuántica e os famosos diagramas de partículas aos que bautizou e aptos sóSeguir lendo “oda a unha flor | Richard Feynman”
unha estrela perigosa para a noite do Cosmos
Cada pouco, falo do mesmo. Son como as vellas. Son unha, en concreto, de setenta anos como pouco. A ver, déixame que lembre. Meu irmán tería 16 anos e eu uns 7. Vimos os capítulos nas ceas. Supoño que eu non os vería completos, mandaríanme á cama antes de que rematasen. Pero lembro a CarlSeguir lendo “unha estrela perigosa para a noite do Cosmos”