instinto reflexos Marilyn

Máis que de calquera escritora do século XX, máis que de Virginia Woolf, de Clarice Lispector, de Alice Munro, Chus Pato, Joyce Carol Oates, Natalie Angier, Teresa Moure, Luísa Villalta, María Moliner, Anna Ajmátova,  Jeanette Winterson, Marilar Aleixandre, Luisa Castro, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute ou Ana Romaní… e por non ser exhaustiva aíSeguir lendo “instinto reflexos Marilyn”

Sagan en galego {2}

A seguir, o principio do primeiro capítulo de Cosmos, de Carl Sagan, froito literario da serie de televisión dos anos 80. A primeira poesía que escoitei na vida foi esta, dobrada coa voz de José María del Río. Culpa non teño. Trad. a galego E…E. Río  CAPÍTULO 1 As beiras do océano cósmico Os primeiros homesSeguir lendo “Sagan en galego {2}”

Sagan en galego

Este é o comezo dunha das obras máis fascinantes da segunda metade do século no que case todos os que lean isto [hoxe] nacimos. Cosmos, de Carl Sagan, non está traducida ao galego. Non é novela, non é conto, non é ensaio nin poesía. Non é teatro, tampouco xornalismo, nin DOGA nin guía turística nin,Seguir lendo “Sagan en galego”

imos fartos de ti, Bukowski

pero segues a ser mentado, invocado e lido cada dous por tres. Algo fixeches ben, logo. Pero ollo, cáeche un mainstream pola baba abaixo. Miles de eslamiados, aburridos e pretensiosos tamén te agochan na cabeceira. Que facer contigo, pois? No volume de poemas que podería traducir -e traduzo- como Á esculca na loucura da palabra,Seguir lendo “imos fartos de ti, Bukowski”

lingua sobrenatural

:: lingua sobrenatural :: se abres unha mazá se lle partes o corazón no medio cun corte crocante dos que desprenden olor un cheiro rubio profundo por un silencio a clorofila se abres a mazá así entre as túas mans de primate esas mans que non coñezo e adoro de antemán se cortas | aSeguir lendo “lingua sobrenatural”

afiuzarse poemas

Levo un tempo publicando poemas soltos aquí, poemas que non conforman libro ningún. Algúns porque quedaron fóra dos libros que foron a imprenta, outros porque se escribiron despois. Sei de certo que, como estratexia, publicar poemas nun medio como é un blog propio parecerá bastante miope. Mesmo adianto títulos de libros, proxectos, traducións en marcha,Seguir lendo “afiuzarse poemas”

un poema de Jean-Pierre Siméon

Grazas a Paula Luis González pola descuberta de Jean-Pierre Siméon e as palabras simples para as ideas conmovedoras. A diferenza Jean-Pierre Siméon, La nuit respire tradución a galego de Estíbaliz Espinosa Para cada un unha boca dous ollos dúas mans dúas pernas Nada se asemella máis a un home que outro home Entón entre aSeguir lendo “un poema de Jean-Pierre Siméon”

fail Beckett

Desalentador podía ser Samuel Beckett. Pero entre labazada e labazada, jab e crochet, bajonas e uppercuts, aloumiñas na alma, na ánima, no ánimo. Aloumiñas resecas, tallantes, aloumiñas imperiosas que reconfortan non para a autocompaixón senón para a reactivación. Aloumiñas que non van de aloumiñas, senón quizais de burlas do que se considera éxito e fracaso,Seguir lendo “fail Beckett”

os Sonigramas do Diario Cultural

Acabo de ser algo que non adoita prestar moito: xurado. Mais neste caso, foi con gusto, rápido e sen anestesia. Os Sonigramas do Diario Cultural da Radio Galega propoñen o que podemos chamar unha cápsula de sons para crearmos a partir dela unha cápsula de texto. Tocoume o Sonigrama #63, unha viaxe polas estepas chino-rusas atéSeguir lendo “os Sonigramas do Diario Cultural”