placas de Petri con Joana

O pasado 10 de maio celebrouse no Parque de Santa Margarida da Coruña o XIX Día da Ciencia na Rúa, cada ano que pasa máis cheo de globos, nenos e música de coches de choque [por favor, por que?]. Asistira como paseanta a moitas das anteriores edicións, pero este ano participei tamén como colaboradora na haima do INIBIC [InstitutoSeguir lendo “placas de Petri con Joana”

notas ao programa da OSG: Bach, Buide, Shostakóvich

Marcho á fotosíntese e á polinización por camiñada, pero antes penduro as notas ao programa delicioso e audaz que serviron a Orquestra Xove e a Orquestra de Nenos da Orquesta Sinfónica de Galicia o pasado 21 de abril na Coruña: Bach, Buide e Shostakóvich. Nada menos! Coa colaboración do Coro de Nenos para a peza deSeguir lendo “notas ao programa da OSG: Bach, Buide, Shostakóvich”

Tatuagem- letra traducida de Buarque

Que privilexio cantar isto namorada até os cóbados como Elis Regina do César Camargo [o pianista] nesta gravación. Non se nota nada! [Ao que mutilou ese final habería que cortarlle as mans, por certo] A letra de Chico Buarque é perfecta e acabada. Con todo, aceptariámola hoxe? me perpetuar Em tua escrava Que você pega, esfregaSeguir lendo “Tatuagem- letra traducida de Buarque”

notas sobre Ives, Barber, Parera, Mahler e Mussorgski

{todas as notas ao programa da OSG que escribín dende o 2010 están descargables en pdf clicando nesta pestana da categoría SPORA: notas desconcertantes] Programa da Orquesta Sinfónica de Galicia, venres 25 de abril, Palacio da Ópera d’A Coruña, 20:30: CHARLES IVES CHARLES IVES The Unanswered Question, S. 50 SAMUEL BARBER Adagio para cuerdas TONI PARERA TowardsSeguir lendo “notas sobre Ives, Barber, Parera, Mahler e Mussorgski”

feliz día da Cosmonáutica- Yuri Gagarin e Emily Dickinson

Estíbaliz Espinosa, 12 de abril 2014 Prezados cyborgs [canto tempo sen usar ese palabro] que vivides con extensións qwerty nos dedos e córneas de cristal líquido e medides a vosa memoria en teras e poñedes e quitades enxertos de memoria por se algún día hai un clon coa vosa dote [ía poñer enxoval] xenética e queredes que esquezaSeguir lendo “feliz día da Cosmonáutica- Yuri Gagarin e Emily Dickinson”

cuestionario Proust-caderno da crítica

O escritor e crítico Ramón Nicolás colle o cuestionario Proust e dánolo a mollar en té. Aquí o filtrado do meu té con bicas de Trives.  No seu excelente blog caderno da crítica hai unha chea deles, de moita xente que escribe. Que somos lexión, as ya know. E máis que virán. Penso eu: «pacándo» un cuestionarioSeguir lendo “cuestionario Proust-caderno da crítica”

television- de Todd Alcott

Televisión Mírame. mírame. Mírame, mírame, mírame. Mírame. Non non non, non mires para aló, non hai nada que ver aló, mírame, mírame, mírame. Estás mirándome? Está todo o mundo mirándome? Teño a vosa atención? Ben. Non te equivoques comigo. Non trato de controlar a túa vida. Necesitas o que? Que necesitas? A ver, que necesitas?Seguir lendo “television- de Todd Alcott”

poema de Francisca Aguirre

Para conter o alento uns segundos. Nada que engadir. ÚLTIMA NIEVE   A Pedro García Domínguez Una hermosa mentira te acompaña, pero no llega a acariciarte. Sólo sabes de ella lo que dicen, lo que te explican libros enigmáticos que narran una historia fabulosa con las palabras llenas de significación, llenas de claridad y pesoSeguir lendo “poema de Francisca Aguirre”

poema de Félix Grande

Esta tarde Francisca Aguirre e Guadalupe Grande [viúva e filla respectivamente do poeta Félix Grande] acoden aos Encontros con Autores que argallan Javier Pintor e Xabier Seoane na UNED d’A Coruña. Será ás 18:15 no Salón de Actos do centro, hoxe, 27 de febreiro. Convidáronme a ler uns poucos textos de Félix Grande, poeta cunhaSeguir lendo “poema de Félix Grande”