da nasa ao ceo

Xosé Iglesias, poeta e mariñeiro, compartiu hai días esta foto dunha das súas capturas no mar, ao berro de Galiza Power. Alfredo Ferreiro propuxo que escribísemos algún texto de homenaxe ao centolo para a web Palavra Comum. Isto foi o que se me veu á cabeza (pero non ao estómago), unha especie de cantiga infantil ao centoloSeguir lendo “da nasa ao ceo”

un poema en Strange Horizons- a mazá na Gran Mazá

Nunca sabemos cómo se vai interpretar o que publicamos nin o que deixamos atrás. Vai dereito a outro planeta, o planeta das re-interpretacións e re-creacións, e son outros os cerebros que o habitan. Escribín «lingua sobrenatural» hai máis de 4 anos -comezárao hai 15 e quedou en suspenso- e lino publicamente por vez primeira nun «Poetas daSeguir lendo “un poema en Strange Horizons- a mazá na Gran Mazá”

Artigo publicado en La Voz- 18/10/2016

  Non entres docilmente… nas portas do ceo   Lemos por aí —xa non sabe unha onde, tantas son as oportunidades de lectura que nos ofrece o universo enteiro— que, concedendo o Nobel a Dylan, a Academia Sueca quería provocar. Lemos por aí —se cadra nunha web ou no Twitter— que, se pretendía acortar a fendaSeguir lendo “Artigo publicado en La Voz- 18/10/2016”

encaixar nun premio

Hai quen ten unha opinión sobre case todo. Ou finxe tela. Aínda busco e non dei achado unha opinión contundente sobre certas cousas. Entre elas, o Nobel de Literatura do 2016. Lin de todo sobre el, iso si. Así que como instigador á lectura, serviu. Mesmo pedíronme un artigo para La Voz de Galicia sobre oSeguir lendo “encaixar nun premio”

7 poemas de Petar Matović

No mes de abril de 2015 en Mallorca, no marco do XVII Festival de Poesia de La Mediterrània coordinado polo gran Biel Mesquida, ía coñecer a un dos poetas máis singulares e fabulosos cos que fun dar na Terra. Petar Matović (Požega, Serbia, 1978) é un poeta-sequoia, un verso de dous metros de altura, cheo de talento,Seguir lendo “7 poemas de Petar Matović”

Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia

Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia Artículo publicado originalmente en galego en el suplemento ProTexta de la revista Tempos Novos nº 213, febrero 2015 Un montón de cuestiones interesantes que el conocimiento científico suma a la emoción, el misterio y el asombro ante una flor Richard Feynman La ciencia es unoSeguir lendo “Curiosidad, empatía y el cerebro común de literatura y ciencia”

Notas á Orquestra Sinfónica de Galicia: ourizo vermello e gato prateado

Os pasados 4 e 5 de novembro a Orquesta Sinfónica de Galicia programou dúas obras que chocan como placas tectónicas para levantar cordais entre os partidarios dun compositor ou doutro. Brahms e Liszt coñecéronse e probablemente admiráronse máis do que se quereron. Pero esas disputas musicais crearon unhas condicións efervescentes das que logo xurdirían Wagner, Strauss eSeguir lendo “Notas á Orquestra Sinfónica de Galicia: ourizo vermello e gato prateado”

Coñecer o escuro, de Wendell Berry

Martin Pawley, compañeiro da Agrupación Astronómica Ío, envioume un poema ao correo por ver se o traducía. Non coñecía a Wendell Berry, prolífico autor de novelas, contos e ensaios, ademais do poemario Farming: a handbook (Agricultura: un manual ou O agro: un manual) que, presumo, non está traducido nin ao castelán nin ao galego, e do queSeguir lendo “Coñecer o escuro, de Wendell Berry”

Notas para a Sinfónica 25º aniversario: Bartók e planetas

A Orquesta Sinfónica de Galicia comezou a tempada do seu 25º aniversario ao grande: Béla Bartók falado e refalado, disertado e rifado por Frank Peter Zimmerman e mailo clásico dos Planetas, de Gustav Holst. Tiven a gran sorte de que me encargasen as notas deste programa  (non hai como obter retribución por facer algo que nos encanta) eSeguir lendo “Notas para a Sinfónica 25º aniversario: Bartók e planetas”

7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno

Velaquí o comezo da tradución doutro artigo da web da International Dark-Sky Association. Podes ler o artigo completo na web de Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. E seguir o fío doutros artigos similares descargándoos en pdf dende aquí. 7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno Tradución de Estíbaliz Espinosa do artigo 7 pieces of Art inspired by theSeguir lendo “7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno”