Dende a web de crítica literaria A Sega enviáronme un Questionário fou(cinha) para este verán: un monllo de preguntas que daban para moita volta e viravolta, para sacho e fouce e daga nepalí, sobre feminismo, literatura e meteduras no ollo da cuestión de xénero e eido cultural. Velaquí o que me deu a cabeciña neste estío curioso no que teñoSeguir lendo “Questionário fou (cinha) para A Sega”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
vermú estrelado con sopa morna
O xoves 11 de agosto ás 13:00, nunha sesión vermú n’A Escondida [Espasante, Ortigueira], lerei algúns textos e proxectarei algunhas constelacións falando do ceo de agosto neste lugar do mundo. Será un Vermú Estrelado adobiado coa Sopa Morna con Estrelas que preparará Marina Oural, nunha programación de Sesións así de solaina e copa que ela mesma artellaSeguir lendo “vermú estrelado con sopa morna”
Traballo cultural e altruísmo
A cultura é perigosa. No nome da Cultura faise ás veces de todo. Pídese de todo. Infrínxese de todo. Inflíxese de todo. Constrúese de todo. Róubase de todo. A cultura, entendida baixo certos parámetros, pode converterse nun elemento de coerción que beneficia a uns poucos a costa do traballo alleo. Dinamizadores da cultura. Dinamitadores ás veces?Seguir lendo “Traballo cultural e altruísmo”
A imaxinación do humano
Pasaron os meses dando vida, para ela. Unha «estranha forma de vida» que se dá como se dá coa palabra, con alguén pola rúa, cun obxecto que perdimos hai tempo e tempo había xa que non buscabamos. «A imaxinación da natureza é moito, pero moito máis grande ca do ser humano». Dicíao Feynman. A cienciaSeguir lendo “A imaxinación do humano”
Alice Oswald- Varios Portentos
Veño de descubrir a voz de Alice Oswald, unha das máis recoñecidas da poesía británica actual, célebre por unha peculiar versión lírica da Ilíada centrada nos seus personaxes secundarios, marxinais e esquecidos ( o libro titúlase Memorial). Ou un libro dedicado a un río e á comunidade ao seu redor (Dart). Calquera que me coñeza unSeguir lendo “Alice Oswald- Varios Portentos”
Tres criaturas sorprendentes afectadas pola contaminación lumínica
Un novo artigo da International Dark Sky Association (IDA), publicado na súa web o 30 de xuño de 2016, e que traducín a galego para a web da Agrupación Astronómica Ío, onde poderás lelo ao completo. O artigo liga a varios estudos que corroboran tales afirmacións sobre a relación entre a contaminación luminosa e os patróns vitais deSeguir lendo “Tres criaturas sorprendentes afectadas pola contaminación lumínica”
Astropoesía vintage
A beleza do ceo da noitiña: observación por telescopio da Lúa, Xúpiter, Venus e Marte «Había anos que o aspecto planetario do ceo nocturno non era tan fermoso, e o espectáculo achégase agora ao seu apoxeo. Contemplar os ceos durante as noitiñas da semana pasada foi glorioso. A lúa, comezando o día 2, presentoulle osSeguir lendo “Astropoesía vintage”
No club de lectura do IES Valadares
O pasado 31 de maio convidáronme do Club de Lectura do IES Valadares de Vigo a dar un recital de poesía. O fotógrafo e docente do centro, Anxo Cabada, foi o meu cicerone, levoume a pasear polo labirinto de Castrelos mentres me contaba historias dos chamados «piratas» da illa de Ons, ou das familias queSeguir lendo “No club de lectura do IES Valadares”
Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite
Estes días traducín un texto da IDA (International Dark Sky Association) para a Agrupación Astronómica Ío, grazas á mediación de Martin Pawley e o seu interese e compromiso por reducir no posible o impacto medioambiental da contaminación luminosa nas nosas cidades. Deseguido, un cachiño dese artigo, Eyes in the Sky: Exploring global light pollution with satelliteSeguir lendo “Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite”
que rima con irmán?
Hai unhas semanas, logo de ver unha película de ciencia-ficción con Y., soñei de novo contigo, meu irmán. Dábache unha aperta no comedor e ti preguntábasme, preocupado: «Pero mamá sabe que estou morto?»