Notas ao programa da OSG: Debussy, Ginastera, Falla

Esta fin de semana, a Orquestra Sinfónica de Galicia tocou pezas de Claude Debussy, Alberto Ginastera e Manuel de Falla. Aires folclóricos, ás veces verídicos (Ginastera, Falla) e outras inventados (Debussy). Estas son as notas ao programa de man que, como sempre, disfrutei escribindo (a traducindo a castelán, por se non sodes galegofalantes) e, quizais,Seguir lendo “Notas ao programa da OSG: Debussy, Ginastera, Falla”

traducións a xaponés

No último obradoiro de poesía da illa de San Simón, guiado por Yolanda Castaño – e do que saberemos máis en breve- o poeta xaponés Yasuhiro Yotsumoto, con quen compartira o Poetas (Din)versos do ano 2012, traduciu varios poemas meus [en tanto que eu facía o mesmo cunha manchea dos seus]. As traducións neste obradoiroSeguir lendo “traducións a xaponés”

«Todos los libros que me envías son bombas de estallido lento, tesoros que se me encarnan como uñas»

Hai dous anos deixounos Ana Santos Payán, Ana Gaviera, a nós e ao mundo da edición, e da seducción da edición e da ledicia na edición. E da palabra e do papel. O primeiro que vexo se penso nela, como no gato de Cheshire, é un sorriso. O derradeiro tamén. E no medio, unha cheaSeguir lendo “«Todos los libros que me envías son bombas de estallido lento, tesoros que se me encarnan como uñas»”

Guerras, de Ch. Simic a W. Szymborska

Dúas olladas ao conflito armado, curiosamente cun punto común: a muller enfrontándose ao discurso da guerra. Primeira ollada, poema de Simic: o discurso das vítimas nunha lista. Segunda ollada, poema de Szymborska: o discurso do soldado que pregunta por razóns para as que a única resposta é a ignorancia. Non a ignorancia do non saber. A outra.Seguir lendo “Guerras, de Ch. Simic a W. Szymborska”

Notas á Sinfónica: Sibelius, Haydn, Shostakóvich

Esta noite habemus musica no Pazo da Ópera da Coruña, da man da OSG. Onte estiveron en Santiago de Compostela e hoxe toca partido en casa. Sibelius, Haydn e Shostakóvich. E a violinista francesa, de orixe rusa, Alexandra Soumm. Por se ides, ou por se non ides, eis os artigos que escribín para o programa de man -eSeguir lendo “Notas á Sinfónica: Sibelius, Haydn, Shostakóvich”

unha cousa mundial, premenstrual e peluda

8 de marzo. Un día como outro calquera, pero este con nome, para reivindicar o que xa non ten nome. E aínda que unha das regras do club das mulleres é que non fai falla ter a regra para ser muller [nin a regra, nin fillos, nin parella masculina, nin a sentimentalidade, nin o peloSeguir lendo “unha cousa mundial, premenstrual e peluda”

papuxas e mapas estelares

Cal é a mellor maneira de emigrar quilómetros e máis quilómetros atravesando fragas, serras, ríos, deltas, estreitos con barrancos onde agardan apostados centos de depredadores e chegar seguro á caloriña do sur? Moitas aves téñeno claro: viaxando de noite. Elas non dan de fronte con aramiados que lles pechen o paso, nin gases lacrimóxenos, nin políticas de refuxiados…Seguir lendo “papuxas e mapas estelares”

afgana

En outubro do ano 2001 a Agrupación Alexandre Bóveda organizou unha exposición de fotografías de mulleres afganas. Un total de 25 imaxes baixadas de internet, que irían acompañadas de 25 textos de escritoras, poetas e xornalistas. Non teño xa a imaxe que me mandaran a min para escribir o poema. Sei que a muller que aparecíaSeguir lendo “afgana”

a pregunta

En maio de 2015 tiven unha conversa con alguén doutro país, do corazón de Europa, nunha illa do Mediterráneo. Falabamos inglés, malia non ser a lingua nativa de ningún. Unha pregunta trivial, nun contexto relaxado, nunha habitación lonxe das nosas casas, converteuse nunha cuestión urxente, estarrecedora, só tres días despois cunha catástrofe humanitaria no mesmoSeguir lendo “a pregunta”

e dun golpe, dun soio/ deixainos con vida

Hoxe, a singularidade do calendario, o 29 de febreiro, lembro a Rosalía, xa que non o fixen o 24. E escribo aquí de novo o poema que me encargaran a partir duns versos dos Cantares Gallegos. Pasaron case dous anos e segue a ter sentido. Estes son os versos de Rosalía e, de seguido, o poemaSeguir lendo “e dun golpe, dun soio/ deixainos con vida”