bolboretas e lolitas e Stephen Jay Gould

No percorrido destas liñas, Gould alicerza unha idea motriz: a arte [ou a literatura, xa que as toma indistintamente] e a ciencia e, en última instancia, a creatividade humana, teñen a súa orixe na mesma unidade mental que subxace a cada disciplina. Ambas son fillas tanto da imaxinación como da observación.

universais da creatividade humana

«Non imaxino un mellor caso de proba para extraer os universais da creatividade humana que o estudo das profundas similitudes no proceder intelectual entre artes e ciencias.» Stephen Jay Gould, Acabo de aterrar: o final dun principio de Historia Natural «I cannot imagine a better test case for extracting the universals of human creativity than the studySeguir lendo “universais da creatividade humana”

Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche

Hai agora pouco máis dun ano, o escritor e editor Fernando Marías contou comigo como «filla de Mary Shelley» para unha das publicacións que artella periodicamente arredor desta figura máis demiúrga do que ela mesma alcanzou a imaxinar, seguro. O libro leva por título «Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche». Canda textos da propiaSeguir lendo “Piedad y deseo. Otros hijos de la misma noche”

O que diría Feynman ante un bo mencía

Fragmento de Charlas de Física, de Richard Feynman. Lin este anaco en Escrita no ceo,  no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, e dende entón lembro del -por moito que a derradeira frase convide a esquecer- en canto teño diante un vaso de viño. Estes fragmentos de Feynman que escollo para traducir atráenme porque, ademais deSeguir lendo “O que diría Feynman ante un bo mencía

lirismo tipo Feynman

Fragmento de Richard Feynman, do relatorio «O valor da ciencia» Orixinal en inglés, artigo completo Tradución de E…E… Río Pensei nestas cousas tantas veces estando só que agardo me desculpen se lles traio á cabeza pensamentos que con certeza todos vostedes tiveron algunha vez -ou xusto esta clase de pensamento- e que nunca puido ter ninguén noSeguir lendo “lirismo tipo Feynman”

Feynman sobre os poetas

Richard Feynman, o físico con rostro da máscara da comedia grega, o que explicaba enigmas da vida cun sorriso ou tocando os bongós en Brasil, o que sementaba pizarras en clases entusiastas e charlas que hoxe son mitos da física do século XX, o que tiña que estar sempre de broma e non, non oSeguir lendo “Feynman sobre os poetas”

Sagan en galego {2}

A seguir, o principio do primeiro capítulo de Cosmos, de Carl Sagan, froito literario da serie de televisión dos anos 80. A primeira poesía que escoitei na vida foi esta, dobrada coa voz de José María del Río. Culpa non teño. Trad. a galego E…E. Río  CAPÍTULO 1 As beiras do océano cósmico Os primeiros homesSeguir lendo “Sagan en galego {2}”

Sagan en galego

Este é o comezo dunha das obras máis fascinantes da segunda metade do século no que case todos os que lean isto [hoxe] nacimos. Cosmos, de Carl Sagan, non está traducida ao galego. Non é novela, non é conto, non é ensaio nin poesía. Non é teatro, tampouco xornalismo, nin DOGA nin guía turística nin,Seguir lendo “Sagan en galego”

diríase que

Hoxe 12 de abril de 2009 expoño que hai dúas teorías/conspiranoias contra as que creo ter argumentos. Conspiranoia 1: iso de que o home pisou a lúa é unha montaxe. E de Kubrick, ademais. Contraargumentación: os rusos foron os xenuínos frikis do espazo. A mellor literatura de ciencia-fición cósmica procede de Rusia [ou arredores soviéticos].Seguir lendo “diríase que”