Notas á OSG: mentes revolucionarias, mentes de muller na sombra

O Abono 10 desta temporada na Orquestra Sinfónica de Galicia incluíu a tres grandes enigmáticos: Robert Schumann, Béla Bartók e Arnold Schoenberg. Cun complexo historial psiquiátrico o primeiro [así como un dos seus fillos], catalogado como ‘Asperger’ o segundo [cando menos, na última biografía de David Cooper] e absolutamente rompedor e vilipendiado o terceiro. MentesSeguir lendo “Notas á OSG: mentes revolucionarias, mentes de muller na sombra”

Curiosidade. Poemas

Tras varios anos sen publicar un libro de poesía individual en galego, acaba de saír na flamante Aira Editorial «Curiosidade», unha reivindicación do osíxeno da ciencia e da poesía como parte da nosa maneira de estar no mundo, dar coa lingua e coa palabra, abrazar o estraño, curiosear no que somos nós e no que NONSeguir lendo “Curiosidade. Poemas”

Notas á Sinfónica: cartas inventadas e Fibonacci. Haydn, Chaikovski, Bartók

Tiña que escribir sobre a Sorpresa de Haydn, a súa sinfonía 94 no ciclo de Londres, e había tempo que eu tamén pensaba nunha sorpresa. Quen escribimos Notas ao Programa adoitamos falar de homes o 99% das veces. Lóxico, apenas se programan mulleres compositoras -malia existiren-. No entanto, cando me documento sobre as vidas desesSeguir lendo “Notas á Sinfónica: cartas inventadas e Fibonacci. Haydn, Chaikovski, Bartók”

un poema de Mohamed Ahmed Bennis

Hai dous anos o XVIIº Festival de Poesía de la Mediterrània púxome en bandexa non só a figura prismática de Ramón Llull –a quen estivo dedicado ese ano– senón tamén a poética de varias voces vencelladas por ese Mar común. Na illa portento de Mallorca. E baixo o chamado irresistible e o carisma de BielSeguir lendo “un poema de Mohamed Ahmed Bennis”

¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?

Este verán tiven o privilexio de estrearme na web de Principia cun artigo sobre claroscuros en astronomía e poesía e sobre o grave problema in crescendo da contaminación lumínica. Acompañáronme nesa incursión o ilustrador Álex Falcón, e os fotógrafos Oriol Jolonch, Sandra G. Rey e Óscar Blanco, así como o astrónomo e ilustrador Tyler Nordgren. QueSeguir lendo “¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?”

de illas curiosas e traducións: San Simón

Estes días celébrase o Festival Sinsal en San Simón, unha illa do concello de Redondela, na estroboscópica ría de Vigo: lugar con enigma, por pouco inaccesible. Un paraíso singular, como o é ese festival musical que acolle: cun cartaz de músicos descoñecido até polos propios asistentes, xusto ata chegaren alí. Esa illa curiosa, denominada oficialmenteSeguir lendo “de illas curiosas e traducións: San Simón”

Astronomía e arte: o curioso caso da cianotipia

Na intervención que fixen na edición de Naukas Coruña 2017 falei do cableado íntimo entre a ciencia e a literatura ou a arte a través de certas connotacións da escuridade. Coñecemos moitos tipos de escuridade. Dende o clásico lado escuro onde se agocha o mal até as escuras materia e enerxía da astrofísica que, sendo conceptosSeguir lendo “Astronomía e arte: o curioso caso da cianotipia”

5 compositores para un Museo

Cinco compositores escolleron cinco lenzos do fondo permanente do Museo de Belas Artes da Coruña. Con esas obras en mente e unha letra tomada dun poema elixido tamén por eles, artellaron unha partitura para guitarra, cello, violín e mezzosoprano. O resultado deste experimento estreouse o domingo, 7 de maio, a mediodía no auditorio do propioSeguir lendo “5 compositores para un Museo”

Roteiro Literatura Ciencia 2016

☞Crónica 23 de abril de 2016 Hai un ano, polo Día do Libro, participei nunha entretida iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega: un dos Roteiros Literarios que argallan cada tempada polas rúas da cidade e as páxinas dos libros, convidando a alguén vencellado coas letras como cicerone. Pola miña banda, tratei de artellar aSeguir lendo “Roteiro Literatura Ciencia 2016”

Poesía ao Día

Ao fío deste necesario artigo de Luna Miguel en PlayGround, lembro que hoxe, Día da Poesía, é un día, malia todo, cheo de sentido. Non só pola relevancia de certos textos en si, senón porque principalmente  a poesía significa elixir unha voz, un ton no que dirixirnos ao mundo e  recibilo, e coido que moitas mulleres eliximos esa canle de expresión porqueSeguir lendo “Poesía ao Día”