A pasada primavera, a soprano gala Natalie Dessay ofreceu unha Gala Lírica como liederista no Palacio da Ópera da Coruña. Pedíronme a tradución a castelán dos poemas franceses que ía interpretar -musicados por Duparc, Poulenc, Fauré e Debussy-. Escoitádea un cachiño. A súa voz é fibra de carbono que leva dereita á estratosfera. Máis traducións aquí. E notasSeguir lendo “poemas franceses na voz de Natalie Dessay”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
túnel::mazá::irmán::estrela
Un microrrelato que ao final tivo unha vida inesperada. túnel:: mazá::irmán:: estrela Xa moi enfermo do corazón e a cabeza, o meu irmán chegou unha tarde a casa con dous billetes de tren. «Contoume Medal que un dos túneles na liña Ferrol-Ortigueira é un buraco de verme.» Deixei a froita que estaba a piques de morderSeguir lendo “túnel::mazá::irmán::estrela”
2 poemas e moitos ríos- Raymond Carver
Alguén buscoume estes días asociada a Raymond Carver. WordPress chívao todo. É verdade que traducira un poema seu hai tempo «Onde a agua se une a outras augas». Grazas a esa visita aproveitei para corrixir este arquivo: dirixía aos poemas de Mark Strand en vez de a Carver. Grazas a esa procura nesta web. Unha procura supoño queSeguir lendo “2 poemas e moitos ríos- Raymond Carver”
2 poemas de Tiago Alves Costa
Hai un ano por estas datas atopábame no festival das Raias Poéticas, en Vila Nova de Famalicão, compartindo escenario con Aurelino Costa, Tiago Alves ou Samuel Pimenta, entre moitos outros e outras, baixo a coordinación do Luís Serguilha. Tiago, un poeta nado na propia Vila Nova e residente na actualidade na Coruña, onde o coñecín, leuSeguir lendo “2 poemas de Tiago Alves Costa”
«Cosmos, de Carl Sagan, non encaixa na nosa liña editorial»
Tal foi a resposta que me deron dende un dos grandes grupos editoriais en Galiza cando hai uns anos propuxen publicar en galego ese título do astrónomo e humanista Carl Sagan, de onde saíu a decisiva serie de televisión dos anos 80 do século XX. Daquela argumentara a proposta así: se queremos dispor dun corpus de clásicosSeguir lendo “«Cosmos, de Carl Sagan, non encaixa na nosa liña editorial»”
Tocats de Lletra- poemas de Laia Noguera e Miren Agur Meabe
Acabo de regresar do festival literario Tocats de Lletra en Manresa, organizado por Yolanda Esteve na súa 9ª edición -coa colaboración de Iván Padilla-, este ano baixo o título Camaleònics. Formaba parte dun -chamareino así- «comando de lectura», País Petit, conformado por 3 mulleres e 1 home: unha poeta vasca [Miren Agur Meabe], unha catalana [Laia Noguera],Seguir lendo “Tocats de Lletra- poemas de Laia Noguera e Miren Agur Meabe”
«contén o alento», microartigo en Sermos
Artigo publicado no xornal en papel Sermos o 10 de setembro de 2015. Con algunha corrección de último momento -escribir é reescribir para logo amosar as cicatrices-. contén o alento Tocouche vivir nun universo no que estás a ler un contido dentro dun continente. Non me refiro a Europa – Europa como continente ou comoSeguir lendo “«contén o alento», microartigo en Sermos”
Difracción, de Diane Ackerman
Diane Ackerman é un personaxe interesante. Poeta, ensaísta e naturalista, ademais de Una historia natural de los sentidos ou Una historial natural del amor [de certo éxito editorial] escribiu Os Planetas: unha Pastoral Cósmica [serie de poemas de temática astronómica] que, que eu saiba, non se traduciu aínda nin a castelán nin a galego. Quedoume gravadaSeguir lendo “Difracción, de Diane Ackerman”
presentación de Celebración, de Gonzalo Hermo
En xaneiro deste ano 2015, canda Antía Otero e Claudio Pato, presentei o libro de Gonzalo Hermo que inauguraba a coleccción Cera labrada de Apiario. Celebración. Outras presentacións de libros, se pinchas aquí. Entrar en calor Labrar a palabra tamén é unha forma de celebrar Estíbaliz Espinosa Presentación de Celebración, Gonzalo Hermo, Apiario, 2015 OSeguir lendo “presentación de Celebración, de Gonzalo Hermo”
borgtázar
Acaban de celebrarse o aniversario do nacemento de Borges [24 de agosto] e o de Cortázar [26 de agosto]. Copio un texto de cada un destes arxentinos, tan distintos, cada un coas súas teimas [e con permiso de alguén que anda por aí, traduzo o de Cortázar]. Borges o cego cabalista, o arcaico, para quen o literario pasaSeguir lendo “borgtázar”