A beleza do ceo da noitiña: observación por telescopio da Lúa, Xúpiter, Venus e Marte «Había anos que o aspecto planetario do ceo nocturno non era tan fermoso, e o espectáculo achégase agora ao seu apoxeo. Contemplar os ceos durante as noitiñas da semana pasada foi glorioso. A lúa, comezando o día 2, presentoulle osSeguir lendo “Astropoesía vintage”
Arquivo de categoría:ciencia
Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite
Estes días traducín un texto da IDA (International Dark Sky Association) para a Agrupación Astronómica Ío, grazas á mediación de Martin Pawley e o seu interese e compromiso por reducir no posible o impacto medioambiental da contaminación luminosa nas nosas cidades. Deseguido, un cachiño dese artigo, Eyes in the Sky: Exploring global light pollution with satelliteSeguir lendo “Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite”
papuxas e mapas estelares
Cal é a mellor maneira de emigrar quilómetros e máis quilómetros atravesando fragas, serras, ríos, deltas, estreitos con barrancos onde agardan apostados centos de depredadores e chegar seguro á caloriña do sur? Moitas aves téñeno claro: viaxando de noite. Elas non dan de fronte con aramiados que lles pechen o paso, nin gases lacrimóxenos, nin políticas de refuxiados…Seguir lendo “papuxas e mapas estelares”
toda esa enerxía escura
Nunca viu a luz en papel, este poema naceu para ser a base dunha canción do grupo Fanny+Alexander en 2008, no seu disco Alfaias, no que colaboraron moitos creadoras de contidos do noso país. Para aquela enerxía escura que lles mandara, o dúo compostelán compuxo un tema moi acaído á letra do poema -que non o puña fácil,Seguir lendo “toda esa enerxía escura”
mulleres e ciencia en 13 relatos
Foi un dos grandes praceres do meu 2015: elaborar os guions de 13 micro-episodios sobre investigadoras no eido da biomedicina que logo narraría en Radio Voz acompañada do meu fillo, nos meses de marzo e abril. Un privilexio dentro do proxecto Biomedicina con y para la sociedad, da investigadora e divulgadora de arte e ciencia Joana Magalhães, levadoSeguir lendo “mulleres e ciencia en 13 relatos”
poema con ghatos
:: animalia felis catus :: aínda que non queira, para H. Non sei que tal lle iría á beleza sen vós. Dende logo á física cuántica mal. [Filo: Chordata] No reino animal, a vosa autoestima é envexable: credes Genghis Khan por aí a marcar territorios e o noso corazón con pelos. [Subfilo: Vertebrata] De abrírense algunhaSeguir lendo “poema con ghatos”
«Cosmos, de Carl Sagan, non encaixa na nosa liña editorial»
Tal foi a resposta que me deron dende un dos grandes grupos editoriais en Galiza cando hai uns anos propuxen publicar en galego ese título do astrónomo e humanista Carl Sagan, de onde saíu a decisiva serie de televisión dos anos 80 do século XX. Daquela argumentara a proposta así: se queremos dispor dun corpus de clásicosSeguir lendo “«Cosmos, de Carl Sagan, non encaixa na nosa liña editorial»”
Difracción, de Diane Ackerman
Diane Ackerman é un personaxe interesante. Poeta, ensaísta e naturalista, ademais de Una historia natural de los sentidos ou Una historial natural del amor [de certo éxito editorial] escribiu Os Planetas: unha Pastoral Cósmica [serie de poemas de temática astronómica] que, que eu saiba, non se traduciu aínda nin a castelán nin a galego. Quedoume gravadaSeguir lendo “Difracción, de Diane Ackerman”
nanolecturas de verán: abellas, poesía, clonación, Lewis Thomas
☢ La palabra Hiroshima es el insomnio puro Félix Grande Hoxe van 70 anos de Hiroshima. Durante este tempo non se nos bombardeou coa idea de que houbese unha responsabilidade humana, drástica e decisiva, detrás da maior hecatombe nuclear da historia. Ninguén pareceu sentir moi culpable por ter arrasado un par de cidades, agás o sonado caso do capitánSeguir lendo “nanolecturas de verán: abellas, poesía, clonación, Lewis Thomas”
origami do Universo, Lisa Randall e un «brane new world»
O pasado 1 de xullo na Cidade da Cultura o Salón de Actos do CINC deixou espazo para unha das maiores eminencias vivas sobre o modelo do universo multidimensional, encadrado dentro da cosmoloxía das branas e baseado na Teoría de Cordas e a Teoría M : a investigadora da Universidade de Harvard, Lisa Randall [acompañada polos físicos José Edelstein, JavierSeguir lendo “origami do Universo, Lisa Randall e un «brane new world»”