Joana Magalhães púxose en contacto comigo -grazas a Antía Otero– como alumna do seu obradoiro O Ollo da Arte interesada na simbiose entre arte e ciencia, unha póla que Antía relacionou comigo e as miñas teimas. Joana ofreceuse a facerme unha entrevista. Eliximos a Casa das Ciencias como emprazamento e mantivemos charlas durante algúns días,Seguir lendo “Joana in vivo {1}”
Arquivo de categoría:macedonia
crítica de Cantos dende a marxe
Unha crítica do concerto no Teatro Colón, Cantos dende a marxe, no blog negralluvia y las siete gigantas, de Rosanna Moreda. ¿Cuándo? Ayer noche en el Teatro Colón de la ciudad herculina.Un espacio acorde a las presentaciones que suenan adentro, como un sonajero grande y de los antiguos, con la misma atención y tiento.Canciones que también llevamos dentro, condimentadas con laSeguir lendo “crítica de Cantos dende a marxe”
Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto
Arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño artellouse un espectáculo que está tendo lugar estes días no Teatro Colón: As Marxes da Desgraza. Retallando e retellando fragmentos de obras como Anxeliños, Rastros ou Saxo tenor, 12 alumnos actores deste laboratorio acompañados pola actriz Lucía Regueiro andan entre a desherdanza, a borracheira e a lucidez. AlgúnsSeguir lendo “Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto”
nove poetas galegas dialogan cos versos de Rosalía
Por aquí andamos, no acto ao que me referín nesta entrada. Na imaxe fixa vedes a María Xosé Queizán no 35′, co seu rap. Lupe Gómez no minuto 17. Luz Pozo no 29′. Olalla no 42′. Xiana no 45′. Yolanda no 49′. Eu ando a partir do 54′. No 1:04 Lorena Souto e no 1:09 Ana Romaní.Seguir lendo “nove poetas galegas dialogan cos versos de Rosalía”
rock/metal+astronomía: Azora 67
Mesturando rock con astronomía, os granadinos Lagartija Nick largábanse este tema, Azora 67, en 1999 no álbum tamén chamado Lagartija Nick. Unha «canción-protesta» ou, mellor, pregaria mística contra a contaminación lumínica das cidades. Lagartija Nick foron a hostia, non só en Omega [que foi o único disco que tiven deles, un dos mellores dos 90, dinSeguir lendo “rock/metal+astronomía: Azora 67”
traballos diurnos dos poetas [ianquis]
O meu primeiro contrato na vida foi como actriz nunha obra de teatro. Traballei tamén en telepizza, como enquisadora, como redactora e xornalista única nunha revista infame na que pasaba de entrevistar a Manquiña a inventarme o horóscopo ou falar das fogueiras de San Xoán, como recitadora do conxuro da Queimada, como contacontos, como becariaSeguir lendo “traballos diurnos dos poetas [ianquis]”
clandestina si, pero feliz
Un libro é a carcasa, o obxecto -papel encolado ou cosido, tinta, guardas, erratas, dedicatorias, cousas metidas dentro- ou o dispositivo verbal que lemos e queda en nós? Os libros mutan ante nós. Fosilizan. Mudan a pel. Sen embargo, aínda custa ver o que lemos nunha pantalla como libro. De feito, poderemos chamalo libro pero…Seguir lendo “clandestina si, pero feliz”
felicidade si, pero clandestina
Traduzo este conto hoxe, un dos meus preferidos. Estará proximamente en galego e castelán. ::Felicidade clandestina:: Ela era gorda, baixa, sardenta e de cabelos excessivamente crespos, meio arruivados. Tinha um busto enorme; enquanto nós todas ainda éramos achatadas. Como se não bastasse, enchia os dois bolsos da blusa, por cima do busto, com balas. MasSeguir lendo “felicidade si, pero clandestina”
sangrantes
Suman 29 as voces que elixiu e editou a escritora e xornalista Luna Miguel para o volume Sangrantes [ed. Origami, 2013], 29 como os días dunha lunación, 29 como os días dos ciclos menstruais dalgunhas mulleres que coñeceredes, aínda que iso non interese [“Non me contes a túa vida, non me contes a túa regra”]. MoiSeguir lendo “sangrantes”
День Космонавтики
Estíbaliz Espinosa, 12 de abril de 2013 Hoxe é, un ano máis, o Día da Cosmonáutica e coido que si, que desta vez por fin vou tomar un ruso branco, como o que toma O Nota do Gran Lebowski ou, polo menos, como o que pide Catwoman [sen vodka, sen kahlúa e sen xeo; ouSeguir lendo “День Космонавтики”