Unha crítica do concerto no Teatro Colón, Cantos dende a marxe, no blog negralluvia y las siete gigantas, de Rosanna Moreda. ¿Cuándo? Ayer noche en el Teatro Colón de la ciudad herculina.Un espacio acorde a las presentaciones que suenan adentro, como un sonajero grande y de los antiguos, con la misma atención y tiento.Canciones que también llevamos dentro, condimentadas con laSeguir lendo “crítica de Cantos dende a marxe”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto
Arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño artellouse un espectáculo que está tendo lugar estes días no Teatro Colón: As Marxes da Desgraza. Retallando e retellando fragmentos de obras como Anxeliños, Rastros ou Saxo tenor, 12 alumnos actores deste laboratorio acompañados pola actriz Lucía Regueiro andan entre a desherdanza, a borracheira e a lucidez. AlgúnsSeguir lendo “Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto”
Feynman sobre os poetas
Richard Feynman, o físico con rostro da máscara da comedia grega, o que explicaba enigmas da vida cun sorriso ou tocando os bongós en Brasil, o que sementaba pizarras en clases entusiastas e charlas que hoxe son mitos da física do século XX, o que tiña que estar sempre de broma e non, non oSeguir lendo “Feynman sobre os poetas”
nove poetas galegas dialogan cos versos de Rosalía
Por aquí andamos, no acto ao que me referín nesta entrada. Na imaxe fixa vedes a María Xosé Queizán no 35′, co seu rap. Lupe Gómez no minuto 17. Luz Pozo no 29′. Olalla no 42′. Xiana no 45′. Yolanda no 49′. Eu ando a partir do 54′. No 1:04 Lorena Souto e no 1:09 Ana Romaní.Seguir lendo “nove poetas galegas dialogan cos versos de Rosalía”
rock/metal+astronomía: Azora 67
Mesturando rock con astronomía, os granadinos Lagartija Nick largábanse este tema, Azora 67, en 1999 no álbum tamén chamado Lagartija Nick. Unha «canción-protesta» ou, mellor, pregaria mística contra a contaminación lumínica das cidades. Lagartija Nick foron a hostia, non só en Omega [que foi o único disco que tiven deles, un dos mellores dos 90, dinSeguir lendo “rock/metal+astronomía: Azora 67”
traballos diurnos dos poetas [ianquis]
O meu primeiro contrato na vida foi como actriz nunha obra de teatro. Traballei tamén en telepizza, como enquisadora, como redactora e xornalista única nunha revista infame na que pasaba de entrevistar a Manquiña a inventarme o horóscopo ou falar das fogueiras de San Xoán, como recitadora do conxuro da Queimada, como contacontos, como becariaSeguir lendo “traballos diurnos dos poetas [ianquis]”
subir poemarios para baixar
Acabo de subir [para baixar] Zoommm.Textos biónicos, o poemario que publicara online n’A Regueifa Plataforma no 2007 e que logo saíu no formato clásico de papel con Edicións Xerais en 2009. Aparece tal cal o publiquei, a mesma capa coa fotografía que amablemente me permitiu usar Pequena Suricata. O mesmo documento que pendurara Noel FeánsSeguir lendo “subir poemarios para baixar”
casa de citas XLIII
Chegamos ao punto en que se escribe máis poesía da que se publica, e xa non digamos le, principalmente porque a poesía chegou a ser considerada máis ben como unha válvula de escape para sentimentos persoais: o poema como a fórmula estilizada da notación de diario. Mesmo entre os poemas que se publican –e aíSeguir lendo “casa de citas XLIII”
un conto de Clarice Lispector [traducido a galego]
:: Felicidade clandestina :: Clarice Lispector Trad. de Estíbaliz Espinosa Ela era gorda, baixa, apencada e de cabelos excesivamente crechos, medio arroibados. Tiña un busto enorme, mentres que todas nós eramos aínda planas. Por se fose pouco, enchía de caramelos os dous petos da blusa, por riba do busto. Mais posuía o que calquera nenaSeguir lendo “un conto de Clarice Lispector [traducido a galego]”
clandestina si, pero feliz
Un libro é a carcasa, o obxecto -papel encolado ou cosido, tinta, guardas, erratas, dedicatorias, cousas metidas dentro- ou o dispositivo verbal que lemos e queda en nós? Os libros mutan ante nós. Fosilizan. Mudan a pel. Sen embargo, aínda custa ver o que lemos nunha pantalla como libro. De feito, poderemos chamalo libro pero…Seguir lendo “clandestina si, pero feliz”