vinganza- Sparklehorse&Danger Mouse

Pido perdón a todas as persoas que agardan artigos e outras cousas de min estes días, que son moitas. Teño tal tensión enriba polas encargas que o meu xeito de liberala é procrastineando a través de traducións inesperadas, que me pide o corpo de repente, unha especie de compulsiva masturbación mental. Os artigos seguen adianteSeguir lendo “vinganza- Sparklehorse&Danger Mouse”

anatomía para dummies- Ana Santos [Ana Gaviera]

| anatomía para dummies | a p comezar de novo volver á nenez ás primeiras clases de anatomía recoñecer o corpo renomear o baleiro sentir que a saudade e a dor esfúmanse e fican os órganos e as veas volver a empezar volver ao corpo estudar anatomía para te recoñeceres e te sentir outra volverSeguir lendo “anatomía para dummies- Ana Santos [Ana Gaviera]”

museo de cancros- Luna Miguel

Museo de Cancros (Por iso amputarán os teus pés. Por iso selarán os teus ollos con anacos de mapas antigos. Por iso pronunciarán o teu nome na celebración do páncreas. Comprendes? Por iso o útero é máis escuro -intestino e córnea-. Por iso amputarán o rezo. Comprendes?) -Luna Miguel Santos: viva / cancro de azucreSeguir lendo “museo de cancros- Luna Miguel”

porno- Dorothea Lasky

Hai uns días, The Paris Review publicaba un avance de Rome, vindeiro poemario de Dorothea Lasky, poeta norteamericana á que coñecín pola antoloxía bilingüe Vomit, de Luna Miguel editada por El Gaviero; Lasky abre o libro e gustoume especialmente por darse aos versículos longos nesta era na que todo o mundo busca con obstinación o poema máis curtoSeguir lendo “porno- Dorothea Lasky”

poeta no meu peto- Grant Snider

Un día atopei un poeta agochado no meu andel. Crin que era un trasno ou algún elfo contrariado. Pedinlle tres desexos: el declamoume un cuarteto. Pedinlle o ouro ao final do arco da vella: ficou quieto, admirando a choiva. Gárdoo no peto. Moito non me pide. Farangullas, gotas de orballo cun chisco de gin, oSeguir lendo “poeta no meu peto- Grant Snider”

oda a unha flor | Richard Feynman

Imos ver: Richard Feynman parecía un tipo simpático, un físico con riso de fauno tocando os bongós e se cadra tamén un pouco os collóns á comunidade científica universitaria, e un profesional serio no que concerne ás relacións a nivel subatómico, electrodinámica cuántica e os famosos diagramas de partículas aos que bautizou e aptos sóSeguir lendo “oda a unha flor | Richard Feynman”

unha estrela perigosa para a noite do Cosmos

Cada pouco, falo do mesmo. Son como as vellas. Son unha, en concreto, de setenta anos como pouco. A ver, déixame que lembre. Meu irmán tería 16 anos e eu uns 7. Vimos os capítulos nas ceas. Supoño que eu non os vería completos, mandaríanme á cama antes de que rematasen. Pero lembro a CarlSeguir lendo “unha estrela perigosa para a noite do Cosmos”

a lucidez perigosa- Clarice Lispector

A lucidez perigosa Clarice Lispector Estou sentindo unha claridade tan grande que me anula como persoa corrente e común: é unha lucidez baleira, como che diría? así como un cálculo matemático perfecto o cal, sen embargo, falla non fai. Estou por así dicilo vendo ás claras o baleiro. E nin entendo aquilo que entendo: poisSeguir lendo “a lucidez perigosa- Clarice Lispector”

poema traducido de F. Aguirre

Traduzo algúns dos poemas de Francisca Aguirre a galego. E comezo co do post anterior. DERRADEIRA NEVE A Pedro García Domínguez Unha fermosa mentira acompáñate, pero non chega a acariciarte. Só sabes dela o que din, o que explican libros enigmáticos a narraren unha fabulosa historia con palabras cheas de significado, cheas de claridade eSeguir lendo “poema traducido de F. Aguirre”

un poema de Ezra Pound

/ O encontro / Todo o tempo mentres que eles charlaban da nova moral Ela explorábame cos ollos E cando levantei para marchar O seus dedos foron coma o tacto Dunha servilleta de papel xaponés Ezra Pound Trad. E… E /The encounter/ All the while they were talking the new morality Her eyes explored me.Seguir lendo “un poema de Ezra Pound”