Antònia Font en galego profundo

Algúns temas do grupo mallorquino Antònia Font traducidos a lingua d’aquí. Nalgúns dos vídeos soan as cancións orixinais mentres que outros recollen as versións da súa actuación no Gran Teatre del Liceu de Barcelona en 2008, canda a New Royal Cuatro Quesos Philarmonic Orchestra. Dins aquest iglú Es meu desert, sempre es meu desert, ses flors són margalides.Seguir lendo “Antònia Font en galego profundo”

O que diría Feynman ante un bo mencía

Fragmento de Charlas de Física, de Richard Feynman. Lin este anaco en Escrita no ceo,  no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, e dende entón lembro del -por moito que a derradeira frase convide a esquecer- en canto teño diante un vaso de viño. Estes fragmentos de Feynman que escollo para traducir atráenme porque, ademais deSeguir lendo “O que diría Feynman ante un bo mencía

«Prefiro o cero soíño / aos que fan cola nunha cifra»

Posibilidades Prefiro o cine. Prefiro os gatos. Prefiro carballos ás beiras do Warta, Prefiro Dickens a Dostoievski. Prefiro que me guste a xente a amar a humanidade toda. Prefiro levar agulla e fío, non vaia ser. Prefiro a cor verde. Prefiro non afirmar que a razón ten a culpa de todo. Prefiro as excepcións. Prefiro marcharSeguir lendo “«Prefiro o cero soíño / aos que fan cola nunha cifra»”

traducións de mulleres de Strauss

ARIAS , DUETOS E TERCETOS DE MULLER RICHARD STRAUSS [1864-1949]  traducións do concerto «As mulleres de Strauss» dentro da Temporada Lírica da OSG, 13 de setembro de 2014  Tradución: Estíbaliz… Espinosa podes ler as notas ao programa aquí e aquí e aquí ARIADNA EN NAXOS [1912] « Großmächtige Prinzessin, we verstünde nicht…» ZERBINETTA Poderosa e gran princesa,Seguir lendo “traducións de mulleres de Strauss”

moito máis Sagan en galego

«A verdade pode ser desconcertante. Pode que leve algo de traballo roela. Pode ser contraintuitiva. Pode contradicir prexuízos arraigados ben no fondo. Pode non encaixar co que desesperadamente queremos que sexa certo. Pero as nosas preferencias non determinan o que é certo. Temos un método e tal método axúdanos a acadar non a verdade absoluta, tan só aproximacións asintóticasSeguir lendo “moito máis Sagan en galego”

dous poemas máis de Wislawa Szymborska

A man Vintesete ósos trinta e cinco músculos unhas dúas mil células nerviosas en cada xema de cada un dos cinco dedos. Máis que abondo para escribir Mein Kampf ou Winnie the Pooh. de Até aquí, 2013 Fillas da época Somos fillas da nosa época e a nosa época é política. Todas as túas, nosas, vosasSeguir lendo “dous poemas máis de Wislawa Szymborska”

lirismo tipo Feynman

Fragmento de Richard Feynman, do relatorio «O valor da ciencia» Orixinal en inglés, artigo completo Tradución de E…E… Río Pensei nestas cousas tantas veces estando só que agardo me desculpen se lles traio á cabeza pensamentos que con certeza todos vostedes tiveron algunha vez -ou xusto esta clase de pensamento- e que nunca puido ter ninguén noSeguir lendo “lirismo tipo Feynman”

un fenómeno de muller -Maya Angelou

Un fenómeno de muller Maya Angelou Tradución de Estíbaliz…Espinosa As mulleres fermosas pregúntanse polo meu segredo. Non son linda ou feita como para levar modelos. Pero cando lles digo cren que as vacilo. Dígolles, será o alcance dos meus brazos o meu ancho de cadeiras o ritmo dos meus pasos a curva dos meus beizos.Seguir lendo “un fenómeno de muller -Maya Angelou”

6 poemas {en}cantados de Emily Dickinson

Este venres, 25 de abril [de 2014], día da revolución dos cravos. dos cravos fondos, dos cravos inútiles na parede como o do haiku de Susana Benet [De aquella jaula/ solo queda en la pared/ el clavo inútil], dos cravos cravados -como corresponde á súa natureza- en lugares máis brandos ca eles mesmos, da revoluciónSeguir lendo “6 poemas {en}cantados de Emily Dickinson”

feliz día da Cosmonáutica- Yuri Gagarin e Emily Dickinson

Estíbaliz Espinosa, 12 de abril 2014 Prezados cyborgs [canto tempo sen usar ese palabro] que vivides con extensións qwerty nos dedos e córneas de cristal líquido e medides a vosa memoria en teras e poñedes e quitades enxertos de memoria por se algún día hai un clon coa vosa dote [ía poñer enxoval] xenética e queredes que esquezaSeguir lendo “feliz día da Cosmonáutica- Yuri Gagarin e Emily Dickinson”