Guerras, de Ch. Simic a W. Szymborska

Dúas olladas ao conflito armado, curiosamente cun punto común: a muller enfrontándose ao discurso da guerra. Primeira ollada, poema de Simic: o discurso das vítimas nunha lista. Segunda ollada, poema de Szymborska: o discurso do soldado que pregunta por razóns para as que a única resposta é a ignorancia. Non a ignorancia do non saber. A outra.Seguir lendo “Guerras, de Ch. Simic a W. Szymborska”

papuxas e mapas estelares

Cal é a mellor maneira de emigrar quilómetros e máis quilómetros atravesando fragas, serras, ríos, deltas, estreitos con barrancos onde agardan apostados centos de depredadores e chegar seguro á caloriña do sur? Moitas aves téñeno claro: viaxando de noite. Elas non dan de fronte con aramiados que lles pechen o paso, nin gases lacrimóxenos, nin políticas de refuxiados…Seguir lendo “papuxas e mapas estelares”

a pregunta

En maio de 2015 tiven unha conversa con alguén doutro país, do corazón de Europa, nunha illa do Mediterráneo. Falabamos inglés, malia non ser a lingua nativa de ningún. Unha pregunta trivial, nun contexto relaxado, nunha habitación lonxe das nosas casas, converteuse nunha cuestión urxente, estarrecedora, só tres días despois cunha catástrofe humanitaria no mesmoSeguir lendo “a pregunta”

poemas franceses na voz de Natalie Dessay

A pasada primavera, a soprano gala Natalie Dessay ofreceu unha Gala Lírica como liederista no Palacio da Ópera da Coruña. Pedíronme a tradución a castelán dos poemas franceses que ía interpretar -musicados por Duparc, Poulenc, Fauré e Debussy-. Escoitádea un cachiño. A súa voz é fibra de carbono que leva dereita á estratosfera. Máis traducións aquí. E notasSeguir lendo “poemas franceses na voz de Natalie Dessay”

2 poemas e moitos ríos- Raymond Carver

Alguén buscoume estes días asociada a Raymond Carver. WordPress chívao todo. É verdade que traducira un poema seu hai tempo «Onde a agua se une a outras augas». Grazas a esa visita aproveitei para corrixir este arquivo: dirixía aos poemas de Mark Strand en vez de a Carver. Grazas a esa procura nesta web. Unha procura supoño queSeguir lendo “2 poemas e moitos ríos- Raymond Carver”

Tocats de Lletra- poemas de Laia Noguera e Miren Agur Meabe

Acabo de regresar do festival literario Tocats de Lletra en Manresa, organizado por Yolanda Esteve na súa 9ª edición -coa colaboración de Iván Padilla-, este ano baixo o título Camaleònics. Formaba parte dun -chamareino así-  «comando de lectura», País Petit, conformado por 3 mulleres e 1 home: unha poeta vasca [Miren Agur Meabe], unha catalana [Laia Noguera],Seguir lendo “Tocats de Lletra- poemas de Laia Noguera e Miren Agur Meabe”

Difracción, de Diane Ackerman

Diane Ackerman é un personaxe interesante. Poeta, ensaísta e naturalista, ademais de Una historia natural de los sentidos ou Una historial natural del amor [de certo éxito editorial] escribiu Os Planetas: unha Pastoral Cósmica [serie de poemas de temática astronómica] que, que eu saiba, non se traduciu aínda nin a castelán nin a galego. Quedoume gravadaSeguir lendo “Difracción, de Diane Ackerman”

borgtázar

Acaban de celebrarse o aniversario do nacemento de Borges [24 de agosto] e o de Cortázar [26 de agosto]. Copio un texto de cada un destes arxentinos, tan distintos, cada un coas súas teimas [e con permiso de alguén que anda por aí, traduzo o de Cortázar]. Borges o cego cabalista, o arcaico, para quen o literario pasaSeguir lendo “borgtázar”

7 poemas de Samuel Pimenta

Samuel Pimenta [Alcanhões, 1990] recita cunha delicadeza e unha potencia ultramariñas. Coñecino en 2014, nas Raias Poéticas de Vila Nova de Famalicão, ás que fun convidada co poeta Tiago Alves Costa [de quen tamén subirei poemas e traducións a não tardar]. Velaquí deixo unha mostra de poemas que Samuel tivo a xentileza de me enviar e que podedesSeguir lendo “7 poemas de Samuel Pimenta”

cando coñeces a súa historia

«Malia tanto progreso, a linguaxe segue a ser o nexo característico da nosa humanidade; é alí onde se asentan o noso saber e a esperanza. É o requisito previo da tenrura humana, máis poderosa ca espada pero tamén infinitamente máis sutil e, en última instancia, máis imperiosa. Lembremos que escribir calquera cousa vólvea real; que é case imposible odiar aSeguir lendo “cando coñeces a súa historia”