A profesora de tecnoloxía do IES Menéndez Pidal da Coruña, Paz Freire Campo, convidoume polo Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra hoxe 11 de febreiro, dende o ano 2015. Cando amosei unha imaxe da Vía Láctea, só 5 adolescentes dun total duns 60 viran algunha vez a nosa galaxia. IgualSeguir lendo “Día da Muller e a Nena na Ciencia”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
Notas á OSG: mentes revolucionarias, mentes de muller na sombra
O Abono 10 desta temporada na Orquestra Sinfónica de Galicia incluíu a tres grandes enigmáticos: Robert Schumann, Béla Bartók e Arnold Schoenberg. Cun complexo historial psiquiátrico o primeiro [así como un dos seus fillos], catalogado como ‘Asperger’ o segundo [cando menos, na última biografía de David Cooper] e absolutamente rompedor e vilipendiado o terceiro. MentesSeguir lendo “Notas á OSG: mentes revolucionarias, mentes de muller na sombra”
Curiosidade. Poemas
Tras varios anos sen publicar un libro de poesía individual en galego, acaba de saír na flamante Aira Editorial «Curiosidade», unha reivindicación do osíxeno da ciencia e da poesía como parte da nosa maneira de estar no mundo, dar coa lingua e coa palabra, abrazar o estraño, curiosear no que somos nós e no que NONSeguir lendo “Curiosidade. Poemas”
Notas á Sinfónica: cartas inventadas e Fibonacci. Haydn, Chaikovski, Bartók
Tiña que escribir sobre a Sorpresa de Haydn, a súa sinfonía 94 no ciclo de Londres, e había tempo que eu tamén pensaba nunha sorpresa. Quen escribimos Notas ao Programa adoitamos falar de homes o 99% das veces. Lóxico, apenas se programan mulleres compositoras -malia existiren-. No entanto, cando me documento sobre as vidas desesSeguir lendo “Notas á Sinfónica: cartas inventadas e Fibonacci. Haydn, Chaikovski, Bartók”
un poema de Mohamed Ahmed Bennis
Hai dous anos o XVIIº Festival de Poesía de la Mediterrània púxome en bandexa non só a figura prismática de Ramón Llull –a quen estivo dedicado ese ano– senón tamén a poética de varias voces vencelladas por ese Mar común. Na illa portento de Mallorca. E baixo o chamado irresistible e o carisma de BielSeguir lendo “un poema de Mohamed Ahmed Bennis”
xenealoxía de algo feminino
Penduro a tradución a castelán de «Os poemas da Bela Dormente», un ciclo de 4 textos publicado no ano 2001 no meu libro -orama, orixinalmente en galego. Dedicara cada poema aleatoriamente a 4 mulleres moi achegadas a min naquela altura, 4 amigas. No subtexto, a intención era deseñar unha xenealoxía do feminino, unha xenealoxía doSeguir lendo “xenealoxía de algo feminino”
Loving stars
A estrea inminente da película Loving Vincent e este gif cautivador fixéronme lembrar un estupendo artigo do astrónomo John C. Barentine que traducira a galego hai un ano para a Agrupación Astronómica Ío. No texto, un dos ceos nocturnos de van Gogh, entre outras pezas de arte occidental, serve para dar conta de algo queSeguir lendo “Loving stars”
¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?
Este verán tiven o privilexio de estrearme na web de Principia cun artigo sobre claroscuros en astronomía e poesía e sobre o grave problema in crescendo da contaminación lumínica. Acompañáronme nesa incursión o ilustrador Álex Falcón, e os fotógrafos Oriol Jolonch, Sandra G. Rey e Óscar Blanco, así como o astrónomo e ilustrador Tyler Nordgren. QueSeguir lendo “¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?”
de illas curiosas e traducións: San Simón
Estes días celébrase o Festival Sinsal en San Simón, unha illa do concello de Redondela, na estroboscópica ría de Vigo: lugar con enigma, por pouco inaccesible. Un paraíso singular, como o é ese festival musical que acolle: cun cartaz de músicos descoñecido até polos propios asistentes, xusto ata chegaren alí. Esa illa curiosa, denominada oficialmenteSeguir lendo “de illas curiosas e traducións: San Simón”
un poema neandertal
Un poema neandertal -finxidamente neandertal, dende logo- do ano 2003 que incluíra en Zoommm. Textos biónicos e que hoxe comparto traducido a castelán. Como toda boa tradución non será idéntica ao orixinal. Para este texto puxen en práctica unha técnica de interpolación de texto propio con textos adaptados extraídos, neste caso, de publicacións científicas (versosSeguir lendo “un poema neandertal”